Haberá que levar máscara sempre fóra de casa en Galicia salvo limitadas excepcións para deporte, praia e bares

A Xunta de Galicia estendeu a obrigatoriedade de usar máscara en todo momento con independencia de que poida manterse a distancia de seguridade recomendada dun metro e medio. As excepcións: para persoas con problemas respitarios, para núcleos de conviventes, durante o consumo en establecementos de hostalería, na práctica de deporte individual ao aire libre e, por último, en praias e piscinas, onde, con todo, será obrigatoria cando as persoas estean en movemento.

|

Desaparece o criterio de se é posible gardar a distancia social. Como noutras comunidades, a Xunta endurece as normas a medida que van xurdindo máis rebrotes.


Varias persoas fan cola para votar nas eleccións autonómicas de Galicia na poboación de Burela

A

Xunta de Galicia estendeu a obrigatoriedade de usar máscara en todo momento con independencia de que poida manterse a distancia de seguridade recomendada dun metro e medio. 


LISTA DE EXCEPCIÓNS

As excepcións: para persoas con problemas respitarios, para núcleos de conviventes, durante o consumo en establecementos de hostalería, na práctica de deporte individual ao aire libre e, por último, en praias e piscinas, onde, con todo, será obrigatoria cando as persoas estean en movemento.

CHAMAMENTO Á POLICÍA PARA QUE CONTROLE BOTELLÓNS
Trátase dunha decisión adoptada este venres polo Consello do Goberno galego, en funcións desde o pasado domingo, e da que informou o presidente electo, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do seu executivo, que deu luz verde a estender a obrigatoriedade do uso de máscaras.

Ademais de universalizar a norma de usar máscara en todo momento, a Xunta de Galicia tamén recomenda evitar a organización de "festas masivas" en domicilios particulares ao longo do verán, á vez que, en palabras de Núñez Feijóo, chama ás policías municipais a velar polo cumprimento da lei que impide a celebración de "botellóns" en aras de previr contaxios.


Unha muller con máscara abanícase





(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE