A calor provoca alerta amarela nas Rías Baixas e, dado que tamén hai alerta por vento, o risco de incendios é extremo

Meteogalicia activou este xoves a alerta amarela por altas temperaturas na zona sur de Pontevedra, onde os termómetros poderían subir por encima dos 34 graos.

|

Alerta amarela por calor e vento en Galicia este xoves.

Meteogalicia activou este xoves a alerta amarela por altas temperaturas na zona sur de Pontevedra, onde os termómetros poderían subir por encima dos 34 graos.

Segundo informa este organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, as altas presións traerán de novo a Galicia aire cálido procedente do sur da Península Ibérica, polo que se rexistrarán de novo temperaturas elevadas no sur da comunidade.

Con iso, o xoves estará activa a alerta amarela por temperaturas superiores aos 34 graos na área litoral de Pontevedra e na zona de Baixo Miño, na mesma provincia. Así mesmo, a partir das 12,00 horas activarase a alerta amarela por vento na Costa da Morte.


A combinación de calor por encima dos 30 graos e vento forte son dous dos factores que disparan o risco de incendios. De feito, segundo a última actualización deÍndice de Risco Diario de Incendio Forestal, practicamente todo o país está hoxe baixo risco extremo, o máximo dos cinco niveles existentes.


Irdi 20200716


Índice de risco de incendios para hoxe en a web de Medio Ambiente 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE