Nai e fillo mortos en saída de vía na autoestrada A-6 en Abegondo, preto do campo do Deportivo (vídeo)

Unha muller de 55 anos e o seu fillo, de 19, faleceron nun accidente de tráfico ocorrido ás 9.48 horas na A-6 á altura de Mabegondo, en Abegondo (A Coruña), segundo informan fontes de Tráfico. Outra ocupante do vehículo, de 18 anos, resultou ferida e que foi evacuada ao hospital nun helicóptero medicalizado con base en Santiago.

|

Unha familia residente en Madrid sufriu un forte acccidente en Mabegondo. Hai dous falecidos e unha sobrevivente, pero está ferida grave polo que tivo que ser levada en helicóptero a un hospital.


Unha muller de 55 anos e o seu fillo, de 19, faleceron nun accidente de tráfico ocorrido ás 9.48 horas na A-6 á altura de Mabegondo, en Abegondo (A Coruña), segundo informan fontes de Tráfico. Outra ocupante do vehículo, de 18 anos, resultou ferida e que foi evacuada ao hospital nun helicóptero medicalizado con base en Santiago.


Accidente en Mabegondo

Accidente en Mabegondo nunha imaxe do vídeo publicado por  @erikastrop en Twitter



O novo era o condutor do vehículo, que se saíu da vía á altura do quilómetro 573, segundo as mesmas fontes. O Servizo de Emerxencias 112 recibiu a chamada dun particular, que alertaba de "persoas feridas e atrapadas" no coche, polo que se requiriu a presenza de equipos de excarceración do servizo de bombeiros de Betanzos.


Tamén acudiron á zona, segundo engaden desde o 112, Policía Local e Protección Civil do municipio coruñés.






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE