(VÍDEOS) Controlado o incendio na Pobra do Caramiñal, que calcinou preto de 60 hectáreas e ameazou varias casas

O foco, localizado en A Pobra do Caramiñal, calcinou parcialmente a saia da Curota. As primeiras informacións indican que polo menos unha vintena de hectareas foron pasto do lume. 



|

O foco, localizado en A Pobra do Caramiñal, calcinou parcialmente a saia da Curota. Desde Medio Rural indican que son xa 60 as hectáreas que foron pasto do lume. 


O lume declarouse ás 3 horas da madrugada e todo apunta a un incendio provocado, tanto pola hora como na zona na que se prendeu, de moi difícil acceso. Xa a última hora de a tarde de onte, na parroquia de Posmarcos, declarouse outro incendio na localidade pobrense, que permanecía activo no momento de iniciarse o foco na Curota.


WhatsApp Image 2020 07 11 at 10.04.10 (1)

A Curota, afectada por en incendio


Entre os dous incendios, o total de hectáreas afectadas aproxímase á trintena. Mentres que o primeiro foco, o declarado na zona da Portela, estabilizouse ás nove da mañá, o declarado de madrugada na parroquia de Santa Cruz e que tiven en alerta a varios veciños xa se atopa estabilizado, segundo informan desde Medio Rural



--


Con todo, aínda que ás 11 horas o fume intenso indicaba que os labores de extinción seguían tratando de controlar o lume, nestes momentos a situación parece normalizada e non se aprecian grandes columnas de fume que se podía ver na ría de Arousa desde primeira hora da mañá. 


Na zona contouse coa intervención de cinco axentes, seis brigadas, sete motobombas, unha pa e diferentes medios aereos: catro hidroavinoes e sete helicópteros. 


Ao mellorar a situación, aínda que nestes momentos a zona aínda presenta algún conato de lume, só atópanse traballando membros do operativo terrestre e un helicóptero de vixilancia, que traballan para que non se reproduza de novo o incendio. Os hidroavións deixaron de sobrevoar a zona ao redor das 15 horas.


WhatsApp Image 2020 07 11 at 12.29.28

Os labores de extinción parecen controlar o lume


Neste escenario o vento foi outra gran ameaza para os grupos antiincendios, xa que non deixou de soprar desde a tarde de onte, o que complicou sensiblemente as labores extinción. Con todo, e a pesar de que a calor intensa acompañará á zona toda a xornada, o vento parece haber amainado, o que axudou aos antiincendios no seu labor. 


WhatsApp Image 2020 07 11 at 06.30.47

O lume declarouse de madrugada no Barbanza


Tamén onte declaráronse outros incendios en Galicia, en Quiroga e en Santiago de Compostela, preto do complexo hospitalario compostelán. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE