Quen pon trampas aos ciclistas afeccionados galegos? Patacas con cravos, troncos nos descensos…
Varios ciclistas da modalidade de mountain bike advirten da aparición destas trampas nos seus circuítos, destinadas a magoar aos deportistas.
Varios ciclistas da modalidade de mountain bike advirten da aparición destas trampas nos seus circuítos, destinadas a magoar aos deportistas.
Os ciclistas de Ribeira teñen motivos dabondo para ir con máis de mil ollos na estrada. Aos riscos que entraña o mountain bike xa de seu e os perigos existentes entre condutores e ciclistas, agora teñen que andarse con coidado porque alguén está a lles colocar trampas, algunhas delas realmente arrepiantes.
As denuncias fixéronse virales nas redes sociais, onde algúns compartiron os perigos aos que se enfrontan. Patatas con cravos, cables colocados á altura da cabeza dos ciclistas ou troncos nos camiños de descenso para facer tropezar aos ciclistas son algunhas das trampas colocadas co único afán de perturbar aos deportistas.
As autoridades rogan á cidadanía que denuncien e notifiquen a existencia deste tipo de trampas e, se é posible, que poidan proporcionar pistas que leven ás Forzas e Corpos de Seguridade a identificar o autor ou autores destes feitos.
Escribe o teu comentario