Os médicos de familia advirten á Xunta que a corentena de cinco díasé insuficiente

Nas próximas horas, Feijóo debería, como indicou, anunciar o desconfinamiento da maioría da Mariña, a pesar de que os casos seguen subindo, onte houbo polo menos 21 positivos na zona e 42 na provincia.Hai que lembrar que Fernando Simón indicou onte que a maioría dos casos que se están detectando son asintomáticos.


|

O confinamento da Mariña termina hoxe, cinco días despois do seu inicio, a pesar de que o período de incubación do coronavirus é de ata 14 días.


O presidente da Xunta adiantou onte que prevé levantalo en case toda a comarca, salvo Burela e quizais algún outro municipio. 


A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) tacha de "sospeitosa" a duración da corentena. É máis, indica que "parece obedecer a cálculos non sanitarios".


Sueiro, portavoz de Agamfec

O portavoz da Asociación Galega de Medicina Familias e Comunitaria (AGAMFEC), Jesús Sueiro | Foto: @jsuejus 



Agamafec, nun comunicado, asegura que a corentena é "lóxica" para limitar a expansión do COVID-19. O que non lle parece tan lóxico é que acabe só 5 días despois.


OS MÉDICOS NON APLICARÁN CORENTENAS DE CINCO DÍAS

O colectivo, formado por máis de 1.000 médicos de familia,  tenta lanzar en todo caso unha mensaxe de tranquilidade á poboación. "Os médicos de familia da zona van seguir aplicando con toda a profesionalidade os protocolos clínicos dos illamentos aos contaxios e aos seus contactos, sen ter en conta outras consideracións ou criterios que se aparten da evidencia científica". Imos, que seguirán aplicando corentenas de máis de 5 días.


A Asociación asegura que os médicos de familia da Mariña están "sorprendidos" pola duración da corentena. Os galenos reclaman aos responsables políticos "rigor e profesionalidade". 


O pronunciamento de Agamfec chega nun instante moi delicado sanitaria e politicamente. Nas próximas horas, Feijóo debería, como indicou, anunciar o desconfinamiento da maioría da Mariña, a pesar de que os casos seguen subindo, onte houbo polo menos 21 positivos na zona e 42 na provincia.


Hai que lembrar que Fernando Simón indicou onte que a maioría dos casos que se están detectando son asintomáticos. A pesar de non presentar síntomas, un contaxiado pode contaxiar o virus.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE