A Xustiza desestima o recurso dun profesor que demandaba á Xunta que permitise “o uso do castelán en escritos internos”
A decisión xudicial, dada a coñecer pola plataforma ‘Habalmos español’, prodúcese ao considerar que a solicitude do profesor do CMUS de Vigo, Emilio Álvarez, era unha “petición de información” e que os recursos só son aplicables ás “desestimacións de solicitudes formais”.
A decisión xudicial, dada a coñecer pola plataforma ‘Habalmos español’, prodúcese ao considerar que a solicitude do profesor do CMUS de Vigo, Emilio Álvarez, era unha “petición de información” e que os recursos só son aplicables ás “desestimacións de solicitudes formais”.
Para que o xuíz tivese esta consideración desde a plataforma alegan que o equipo xurídico da Xunta usou “unha trampa” para cualificar a solicitude de petición de información, o que provocou á súa vez que o recurso se desestimase “sen entrar no fondo por motivos formais”.
“A Xunta manobrou para evitar contestar en firme á petición do profesor e así lograr que non existise un acto administrativo definitivo que poder recorrer, limitándose a unha resposta informativa parar lograr eludir o control xudicial do fondo da cuestión”, denuncia a plataforma.
O proceso vén motivado despois de que a Xunta, segundo narra ‘Habalamos Español’, recriminase ao docente “por usar o español nos seus escritos internos e ameazado con tomar medidas”. Despois deste episodio o profesor deixou de usar o castelán, pero lévoo a solicitar á Xunta “que se lle permitise facelo amparándose na Constitución Española e na cooficialidade lingüística”. “Ante a negativa do goberno autonómico, que respondeu reiterando que: ‘as comunicacións ad intra e ad extra serán en galego’, Emilio Álvarez recorreu aos tribunais”, informa a plataforma, que lle brindou o seu apoio legal.
“Lamentamos que o goberno da Xunta siga co seu obsesión por eliminar o español como lingua da administración educativa ata este punto. No ámbito sanitario séguese o mesmo camiño, por non mencionar os edificios da Xunta, onde o español é unha lingua apestada”, sostén a plataforma.
Gloria Lago, presidente de ‘Falamos Español’ que hai unhas semanas trasladou a Galiciapress as súas impresións sobre o proceso xudicial, reunirase co equipo xurídico este mércores para valorar se se recorre ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia “e o enfoque que se dará á solicitude de 16 profesores galegos que van pedir á Xunta o mesmo que Emilio, para tentar lograr non só que termine esta prohibición absurda do uso do español, senón un cambio no decreto en vigor”.
ESTUDO DA SITUACIÓN DO CASTELÁN
Na mesma liña, anuncian que proximamente se fará público un estudo onde pretenden corroborar a súa teoría de que o español está a ser eliminado das administracións na Comunidades Autónomas bilingües, como son por exemplo Galicia, País Vasco ou a Comunidade Valenciana.
“Galicia vai á cabeza neste sentido, como tamén é a comunidade autónoma cun maior adoctrinamiento nacionalista nos libros de texto de lingua autonómica”, argumentan desde a plataforma, aludindo aos datos dun estudo anterior onde se analizan os libros de Lingua.
Escribe o teu comentario