O alcalde de Sada cre que o xuízo polo Pazo de Meirás pon en xogo "recuperar a dignidade das vítimas" do franquismo
O alcalde de Sada (A Coruña), Benito Portela, cualificou de "día histórico" o inicio do xuízo para a recuperación do Pazo de Meirás e considerou que é "o inicio da gran recuperación da dignidade das vítimas do réxime". En declaracións aos medios, o rexedor cre que o proceso xudicial é "importantísimo".

"Os documentos aparecidos e recoñecidos pola parte demandada recoñeceron que non lle valeu nin un duro a Franco, por tanto entendemos que ten que ser patrimonio público dunha forma efectiva dunha vez", subliñou Portela.
O alcalde da localidade coruñesa sinalou que Meirás foi durante moitos anos "o epicentro do réxime fascista" e un "símbolo", polo que cre que o xuízo significará "o inicio dunha gran recuperación da dignidade para todas as vítimas do réxime"
Escribe o teu comentario