​O Deportivo borra a palabra “rendición” do seu vocabulario: gana 2-1 marcando no 93 e no 95

Os de Fernando Vázquez remontan, unha vez máis, un resultado adverso nas últimas rabexadas do encontro e levan a vitoria.


|

Os de Fernando Vázquez remontan, unha vez máis, un resultado adverso nas últimas rabexadas do encontro e levan a vitoria.


Rc depor

Os xogadores celebrando a vitoria | Foto: RC Deportivo


Paso de xigante do Deportivo da Coruña, que hoxe conseguiu un deses triunfos que lembran por sempre os incondicionais branquiazuis. Os branquiazuis, que ían por baixo do marcador no minuto 92, igualaron a contenda no 93 para gañar o choque só dous minutos despois grazas a un gol de Çolak. Trigueros, cun gol en propia porta, igualou o tanto do seu compañeiro Kaxe que adiantou á Ponferradina. Con tres puntos o Dépor queda máis preto dunha salvación que non fai tanto parecía imposible.


ANSIEDADE E TOLEMIA

Non é a primeira vez que o equipo de Fernando Vázquez obriga aos xornalistas para reescribir unha crónica. Os herculinos, a pesar de ter o balón e o peso do partido, sufriron para atopar claridade nos metros finais. Os bercianos aproveitáronse diso e xogaron coa desesperación dos locais, que na primeira parte tiveron ocasións para abrir o marcador, como un disparo de socato de Beauvue ou un remate en ferro de Mollejo.


A Ponfe tamén tivo as súas opcións, sobre todo con disparos afastados, como o que fixo o 0-1 case á hora de xogo. Un disparo desde a frontal que non soubo atrapar Dani Giménez aproveitouno Kaxe para poñer en vantaxe á Deportiva. Desde entón aos coruñeses tocoulles remar, pero a ansiedade impediulles ter ocasións claras.


Con todo, xa co tempo cumprido, un córner deu algo de luz aos locais. Çolak, xenio e figura no desconto, executou un saque de esquina que terminou en autogol. Co 1-1 os locais non lle perderon a cara ao partido e viron unha oportunidade para lograr unha vitoria de prestixio que os achegase máis á salvación.


Así chegou o definitivo 2-1, tras unha xogada de Aketxe pola esquerda onde o bilbaíno puxo un centro raso ao corazón da área. O coiro quedou rebotado e Çolak, que lle pegou coa alma, mandouno ao fondo da meta da Ponfe. Sen tempo para máis, o Dépor deixou os tres puntos en Riazor e non coñece a derrota desde o regreso do fútbol. Cinco partidos e tres remontadas que lles deron cinco puntos. Porque este Dépor non sabe o que significa renderse. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE