Menos bonos para "tomarnos uns viños" e máis contratos estables, reclámanlle os sanitarios á Xunta
A polémica medida de premiar con 250 euros a algúns sanitarios foi coprotagonista da protesta este luns Vigo en defensa da sanidade pública. Colexios de enfermería, sindicatos, médicos de familia, colexios de médicos tamén o criticaron por entender que é unha frivolidade.
Sanitarios da área de Vigo concentráronse este luns ante o Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica para reclamar "máis persoal e máis estabilidade" nos seus traballos, á vez que expresaron o seu rexeitamento ás "gratificacións" anunciadas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en alusión ao cheuque de 250 euros para gastar en servizos hostaleiros.
O PSOE E GALICIA EN COMÚN Apoian As REINVIDICACIONES
Os participantes neste acto, entre os que estaban tamén o alcalde de Vigo, Abel Caballero, ou membros das candidaturas do PSdeG e de Galicia en Común, gardaron un minuto de silencio en homenaxe ás vítimas da pandemia de coronavirus, antes de corear consignas como "Feijóo atende, os sanitarios non se venden" ou "Non queremos esmolas, queremos dereitos".
ENFADO POLO BONO DE 250 EUROS
A presidenta da Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo, María José Diéguez, lembrou que las concentracións deste luns (hai outra prevista ás 20,00 horas no PAC de Pizarro) e martes (ás 12,00 horas ante o hospital Meixoeiro) teñen como finalidade "reclamar os dereitos" dos profesionais sanitarios, entre eles, que haxa "unha contratación digna" para cubrir os meses de verán, e tamén no resto do ano.
Ademais, tras o anuncio do presidente da Xunta de implantar un 'cheque' para gastar en servizos hostaleiros destinado a estes profesionais, Diéguez lamentou: "Feijóo dános 250 euros para tomarnos uns viños, pero non queremos que nos gratifique este señor".
A presidenta da Xunta de Persoal proclamou: "O que queremos é máis contratos, máis persoal, traballo e estabilidade nos persoais. Se queremos uns viños, xa nolos pagamos nós".
"O que queremos é máis contratos, máis persoal, traballo e estabilidade nos persoais. Se queremos uns viños, xa nolos pagamos nós"
Por outra banda, sinalou que, a estas alturas do ano, a xerencia da área sanitaria de Vigo aínda non concretou ao persoal como será a organización do traballo nos meses de verán. En todo caso, María José Diéguez advertiu de que, despois de que o Sergas obrigase "" aos sanitarios para coller as súas vacacións entre xuño e setembro, "vai ser bastante imposible" aumentar a actividade cirúrxica en período estival, "que é o que pretenden".
Escribe o teu comentario