As empresas lánzanse ao mercado das “máscaras para deportistas”
Na situación actual moitas son as compañías que buscan readaptar as máscaras para que estas poidan utilizarse con seguridade durante as actividades deportivas.
Na situación actual moitas son as compañías que buscan readaptar as máscaras para que estas poidan utilizarse con seguridade durante as actividades deportivas.
É o caso da empresa ‘Idawen’, que deseñou unha máscara especialmente pensada para deportistas que reúne “protección, confort, reutilización e deseño”.
A pesar de que o seu uso durante as actividades deportivas non é obrigatorio, moitas persoas, preocupadas polo risco de contaxio, buscan unha máscara que se adapte á súa actividade, especialmente se esta impide manter a distancia social.
A máscara incorpora dúas filtros intercambiables de protección bacteriana e vírica para garantir a protección do usuario segundo as súas necesidades. “Por unha banda, para situacións de maior distancia social, aconséllase usar o filtro de protección antibacteriana confeccionado con Lyocell, un material sostible co Certificado Oeko-Tex Standard 100, que absorbe a humidade e é ultrasuave, apto mesmo para persoas con gran sensibilidade cutánea”, sinala a empresa.
Do mesmo xeito, Idawen recomienta o uso do filtro F9 “para situacións de maior proximidade social”. “Ofrece protección antivírica nun rango do 75-85 %, ante partículas de 0,3 micras, con valores compatibles coa norma UNE-EN 149:2001+A1, protección que está no limiar dos valores que achegan as máscaras FFP2”, advirte.
A mascara, reutilizable, lavable e con tecidos elásticos, “axústase perfectamente, impedindo así tanto as fugas, como a posibilidade de que partículas da contorna exterior penetren”. Ademais, conta cun “deseño ergonómico, pinza nasal, a posibilidade de elixir talla e peche de velcro”.
Escribe o teu comentario