VOX considera un éxito “por encima das expectativas” a manifestación realizada na Coruña

O partido liderado por Santiago Abascal afirma no seu comunicado que a mobilización cumplioó “rigorosamente as normas de seguridade” nunha marcha para esixir “a dimisión do Goberno ante a súa nefasta xestión da crise”. 


|

O partido liderado por Santiago Abascal afirma no seu comunicado que a mobilización cumpriu “rigorosamente as normas de seguridade” nunha marcha para esixir “a dimisión do Goberno ante a súa nefasta xestión da crise”.


WhatsApp Image 2020 05 23 at 13.08.11


Protesta na Coruña | Foto: VOX


A forza ultradereitista ataca a Moncloa por ser “un goberno incapaz e sectario, responsable da morte de miles de persoas e a ruína de millóns”. Segundo as contas de Vox máis de 300 coches participaron na protestas, aínda que algúns usuarios das redes sociais denuncian que VOX contabilizou coches aparcados de persoas que non formaban parte das protestas.


Na cidade herculina, tal e como recollen os vídeos de Europa Press, os manifestantes lanzaron berros como “Goberno dimisión” ou “tongo”. Como na Coruña, Lugo, Vigo, Ourense e Pontevedra son as outras ciudada galegas que acolleron estas manifestacións de a 'Caravana por España e a súa liberdade'.


 “A caravana contou co apoio de españois de diferentes ideoloxías, procedentes de todos os recunchos da provincia, a quen lles une un sentimento de indignación fronte ás decisións tomadas por este goberno como o pactar con Bildu a supresión íntegra dunha reforma laboral á que agora se acollen miles de españois para cobrar os ERTE, ocultando ademais o acordo ao Congreso dos Deputados”, sinala a nota de VOX, que tamén considera unha “chantaxe permanente” o “actual estado de excepción encuberto”.



ALIANZA VOX-PP EN XULLO?

Vox, que concorrerá ás eleccións autonómicas do 12 de xullo, tendeu a súa man a alianzas co PP galego porque, segundo sinalou Abascal, “alguén ten que vixiar a Feijóo”. Con todo, VOX, a diferenza do resto de partidos, non elixira un candidato presidenciable en Galicia na convocatoria cancelada do 5 de abril.


“As decisións en materia económica e social tomadas por Sánchez e Iglesias teñen como fin último ocasionar a destrución do tecido produtivo nacional, desaparecer a clase media, para lograr que os españois dependan economicamente das prebendas do gobernante de quenda; un libreto que xa se seguiu noutros países gobernados por comunistas, que hoxe lamentablemente están na ruína. Hoxe máis que nunca VOX preséntase como a única alternativa posible fronte ao caos que significa este goberno” comenta Ricardo Morado, cabeza de lista pola Coruña.


RESPOSTA Á CARAVANA

As manifestacións de VOX en Galicia tivo o seu contrarréplica por parte de contramanifestantes que responderon os berros dos partidarios da ultradereita aos que reprenderon por "fascistas".


Isto, segundo algunhas fontes oficiais, xerou altercados menores, como a rotura dun portelo na Coruña, ou sancións a grupos antifascistas por insultar a membros da Policía, así como 35 propostas de sanción en Pontevedra nunha contramanifestación na Praza Eugenio Fadrique.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE