O alcalde de Catoira anuncia a súa dimisión frea a alianza entre PSOE e PP para a súa moción de censura

A dimisión presentada polo alcalde de Catoira (Pontevedra), o nacionalista Xoán Castaño, cinco minutos antes das doce do mediodía --a hora prevista para o inicio do pleno-- abortou a moción de censura que presentaron contra el o PSOE e o PP.

|

A dimisión presentada polo alcalde de Catoira (Pontevedra), o nacionalista Xoán Castaño, cinco minutos antes das doce do mediodía --a hora prevista para o inicio do pleno-- abortou a moción de censura que presentaron contra el o PSOE e o PP.


Xan castaño bng catoira


Paralelamente dous concelleiros do grupo socialista presentaban tamén unha carta na que renunciaban a apoiar a moción de censura que socialistas e populares formalizaran o 3 de marzo contra o rexedor.


Estes dous movementos de última hora, propiciados por unha negociación in extremis entre PSOE e BNG, botaron a baixo as posibilidades de que a moción de censura prosperase. Ante esta situación varios edís tanto do grupo popular como do socialista optaron por non acudir ao pleno polo que este non chegou acelebrarse.

O xa exalcalde de Catoira, Xoán Castaño, explicou que a súa dimisión débese a un acto de coherencia "non froito dunha presión, senón voluntario, razoado e razoable".


Segundo explicou, aínda no salón de plenos, a súa decisión estivo motivada porque se entendía que el podía ser un obstáculo para a formación dun goberno de esquerdas en Catoira. "É por iso que preferín presentar a miña dimisión e posibilitar que Catoira teña un goberno nacionalista, progresista e forte".



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE