Segundo día seguido de subida de casos de coronavirus na área da Coruña, segundo datos do SERGAS

A situación entre a área da capital e na área da cidade termal é similar ao que ocorre coa Coruña e Vigo, xa que as dúas teñen cifras parellas: 168 a compostelá; 171 a auriense. Mentres, Pontevedra, Lugo e Ferrol mantéñense como as áreas menos afectadas pola enfermidade.


|

Galicia continúa co seu descenso xeneralizado no número de casos activos no conxunto das súas áreas, pero a situación na área herculina mantense como nota discordante.  A Coruña volve rexistrar cifras máis casos hoxe, aínda que son só dous máis que onte.


Nas últimas 48 horas A Coruña é a única das áreas galegas que non experimentou un descenso no seu número de casos activos. Sumando os aumentos de hoxe e onte, son nove máis con respecto ás cifras do luns. 



Este pequeno salto na gráfica coruñesa non debería preocupar especialmente, polo menos por agora. Vigo e Santiago tamén sufriron as pasadas semans repuntes para despois volver baixar. Neses repuntes, un factor que influíu foron os positivos por anticorpos a traballadores de colectivos vulnerables, como sanitarios, persoas que sufriron a enfermidade pero que xa non son contaxiosos. É posible que o repunte coruñés tamén estea influenciado polos test rápidos, aínda que o SERGAS non informou nada respecto diso. 


Con todo, este repunte si debería servir para manterse en garda e extremar as precaucións tanto no referido á hixiene como ás medidas preventivas, especialmente con vistas a que Galicia poida pasar o vindeiro luns á fase 2 da desescalada, que traería consigo o fin de novas restricións e abriría a porta a un importante impulso á actividade económica galega. 



A diferenza da área coruñesa, as demais áreas sanitarias de Galicia arroxan datos claramente esperanzadores. 


A que ofrece mellores cifras esta xornada é Vigo. A área olívica, a máis afectada neste momento, descólgase con 38 casos menos desde onte. É posible que pronto deixe de ser a área galega con máis casos activos.Hoxe son 290 en Vigo e 285 na Coruña.


Nas demais áreas o alivio de casos tamén é considerable, especialmente comparándoo coas cifras de onte e luns. Santiago, por exemplo, perde oito casos en 24 horas, mentres que Ourense, a terceira área con máis casos activos, rebaixa as súas cifras en 19 casos menos. A situación entre a área da capital e na área da cidade termal é similar ao que ocorre coa Coruña e Vigo, xa que as dúas teñen cifras parellas: 168 a compostelá; 171 a auriense. 


Mentres, Pontevedra, Lugo e Ferrol mantéñense como as áreas menos afectadas pola enfermidade. Pontevedra perde cinco casos desde onte, polos tres de Lugo e os dous de Ferrol, que con 29 casos activos pecha a lista das áreas galegas. 


Segundo o SERGASo número de casos activos de coronavirus este mércores 20 de maio en Galicia ascende a 1.063 dos cales 285 son da área da Coruña, 69 da de Lugo, 171 da de Ourense, 51 da de Pontevedra, 290 da área de Vigo, 168 da de Santiago e 29 da de Ferrol.


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (2)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE