A empresa Casa Grande de Xanceda regala unha bici ao día durante a celebración dos ‘VacaJuegos’
A compañía galega, nun afán por promover o deporte e a alimentación equilibrada, puxo en marcha esta campaña con dúas posibilidades para entrar no sorteo das bicicletas.
A compañía galega, nun afán por promover o deporte e a alimentación equilibrada, puxo en marcha esta campaña con dúas posibilidades para entrar no sorteo das bicicletas.
Sen Champions, sen NBA, sen Olimpíadas…pero con ‘VacaJuegos’. Esta é a divertida proposta que idearon desde a empresa de alimentación Casa Grande de Xanceda. A compañía de produtos lácteos a dado o pistoletazo de saída ao que tachan de “evento deportivo do ano” e que ten como competidoras ás vacas das que logo saen os iogures e queixos que comercializa a empresa.
Estes ‘Vacajuegos’ poden seguirse a través dos perfís da empresa de Instagram e Facebook, ademais de en a web vacajuegos.com. “Durante varias semanas estarán a participar nos deportes típicos de vacas, competicións moi rifadas e muuuuuy divertidas”, sinala a marca no seu comunicado.
“As vacas de Xanceda, as vacas máis felices do mundo, queren animar a todos os humanos a facer deporte e, por iso, están a regalar unha bici cada día! mentres dure a súa competición”, sinala a nota.
Con isto, a empresa pretende fomentar valores de alimentación sa e equilibrada xunto co exercicio ao aire libre. Para participar na carreira polas bicis, a empresa dá dúas vías: participando no sorteo de tapas dos iogures en promoción ou respondendo divertidas preguntas na web.
Escribe o teu comentario