Un Resurrection Fest 'online' o 3 e 4 de xullo con fins benéficos contra o coronavirus

O quince aniversario do Resurrection Fest Estrela Galicia posponse a 2021, pero a organización anunciou un evento Online para o 3 e 4 de xullo, con fins benéficos e unha programación en aberto de concertos inéditos, actuacións en directo, entrevistas especiais, reportaxes sobre o festival e moito máis.

|

O Resu online

"Dentro desta edición virtual, poderemos vivir desde casa e cos nosos amigos a experiencia Resurrection Fest Estrela Galicia e ademais axudar a varias iniciativas contra o coronavirus e a colectivos necesitados", explica a organización.

Moitísimas bandas internacionais e nacionais xa se sumaron á iniciativa así que nas próximas semanas irase desvelando máis respecto diso.

"En colaboración con Estrela Galicia e a campaña #elresuEGresiste, tentarase involucrar ao maior número de fans para poder revivir a sensación de estar en Viveiro na mellor semana do ano, así que non podedes perdérvolo", conclúe.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE