Gráfica coronavirus Galicia: os contagios parecen estar a baixar outra vez tras semanas estabilizados

Un repunte dunha altura inédita nos últimos tempos. Con todo, por agora non hai que alarmarse, dado que a media móbil a 7 días non se está disparando.


|

Todos os expertos coinciden que haberá un rebrote de coronavirus en Galicia, a cuestión é cando. Por agora, ningún dos indicadores manda sinais claros de alarma. Os datos de hoxe de novos positivos volven ser bos, tanto a nivel Galicia como, por fin, en todas as áreas sanitarias. Non tan boa é a evolución do indicador de hospitalizacións.


O número de caso confirmados alcanza os 10.832, que son 50 máis que onte.





POSITIVOS


Como xa levamos seis xornadas seguidas por baixo dos 100 positivos diario, a media móbil a 7 días mostra que a propaganción do virus está a se frear de novo.




Se levabamos todo maio cuns 100 casos diarios, agora Galicia anda sobre os 77 positivos confirmados cada día, mostra este indicador que permite seguir a pandemia suavizando o impacto de xornadas peculiares, con moitos ou poucos casos.


A serie máis fiable, a de "novos positivos PCR" sobe con 16 positivos, respecto a onte e antesdeayer, pero a tendencia xeral é boa. Tres días seguidos por baixo dos 20 positivos PCR é algo nunca visto ata o de agora.


Este é o indicador ao que debemos estar máis atentos para intuír un posible rebrote. Ao ser as PCR as probas máis fiable e ao dispararse a capacidade para facelas, suponse que calquera persoa con síntomas poderá facerse un PCR e ter resultados rapidamente.


A serie "novos positivos anticorpos", ata o de agora moito menos fiable debido á errática actualización dos datos por parte da Xunta, tamén apunta á moderación, con 34 contagios confirmados hoxe. Suponse que son casos provenientes de colectivos en risco, como sanitarios, ou persoas que estiveron en contacto con casos confirmados, pois estas probas rápidas non permiten saber se a persoa positiva ten o virus ou simplemente tívoo e xa o superou.





HOSPITALIZADOS


O segundo indicador en mostrarnos un rebrote debería ser o de novos ingresos en hospital. 


Hoxe Galicia sofre un repentino aumento dos seus hospitalizados por coronavirus, con 10 novos ingresos respecto a ningún de onte. Un repunte dunha altura inédita nos últimos tempos. 


Con todo, por agora non hai que alarmarse, dado que a media móbil a 7 días non se está disparando. Iso si, é evidente que no que levamos de maio o goteo de novas hospitalizacións subiu respecto finais de abril. Non moito, pero si de forma perceptible.





UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS


O terceiro indicador que nos debería alertar dun rebrote son os ingresos en UCI. 


Afortunadamente, cada vez hai menos casos críticos. Onte, por exemplo, non ingresou ninguén nunha UCI.


 A caída deste indicador mostra un descenso paulatino, case sen interrupcións, menos a sufrida a principios de semana. 


Hoxe hai 21 persoas en UCIs galegas, a menor cifra desde o 19 de marzo e unha menos que onte. En total pasaron pola UCI 327 persoas. 




FALECEMENTOS


Parte do progresivo alivio nas UCI explícase, desgraciadamente, polas mortes de enfermos críticos de COVID-19. 


Onte morreron catro persoas, a maior cifra no que levamos de semana. Todas elas en hospitais. En residencias, fai xa máis dunha semana que non falece ningunha persoa en Galicia. 


O total de decesos supera por vez primeira a barreira dos 600. Os anciáns e os traballadores das residencias seguen supoñendo case a metade dos decesos en Galicia por coronavirus.





DATOS DE CORONAVIRUS EN ESPAÑA


Xa van catro días seguidos de aumento de casos detectados mediante PCR en España. Algo que non pasara desde o pico da epidemia. Son aumentos, iso si, bastante pequenos por agora.




Tamén os falecementos levan 4 días seguidos subindo, hoxe volven ser máis de 200. 





Así evolucionaron as propostas de sanción por incumprimento das medidas do estado de alarma en España.  Desde que empezou a Fase 1 en media España, as multas esborralláronse. 




ZvQCq positivos diarios de coronavirus en galicia



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE