Repuntan as hospitalizacións diarias a niveis de hai dúas semanas, mostra a gráfica do coronavirus en Galicia

O panorama xeral que deixan as cifras de hoxe é que o coronavirus seguen en retirada en Galicia, aínda que lentamente e é pronto para cantar vitoria. De feito, algúns indicadores son aínda preocupantes, como o número de novos enfermos hospitalizados, que acumula xa catro días subindo, alcanzando niveis propios de hai dúas semanas. Tamén é preocupante, e moito, a falta de claridade no número diario de contagios .


|

O panorama xeral que deixan as cifras de hoxe é que o coronavirus seguen en retirada en Galicia, aínda que lentamente e é pronto para cantar vitoria. De feito, algúns indicadores son aínda preocupantes, como o número de novos enfermos hospitalizados, que acumula xa catro días subindo, alcanzando niveis propios de hai dúas semanas. Tamén é preocupante, e moito, a falta de claridade no número diario de contagios .





HOSPITALIZADOS E CURADOS

Onte ingresaron  nunha cama hospitalaria 22 persoas máis. Desde o sábado esta cifra  de novos hospitalizados está a subir: 5, 8, 10, 19 e 22 hoxe (os días marcados en marrón ao final da gráfica).


É preocupante este repunte de hospitalizacións? É temperán para alarmarse pero tampouco é insignificante, son xa cinco días de aumento. Ademais, desde o 21 de abril, hai máis de dúas semanas, non había que ingresar a tantos enfermos de COVID-19. 


Se a isto engadimos o repunte de contagios experimentado en Vigo -aínda que se deba segundo o SERGAS a un erro informático produto de sumar positivos de anticorpos- e a lentísima baixada de ocupación nas UCIs, é mellor ser cautelosos antes de dar por derrotado ao coronavirus en Galicia. 


Hai que lembrar que fai un par de semanas o número de contagios rebotó en Galicia significativamente e o cambio de tendencia que agora percibimos en hospitalizacións pode deberse a ese repunte.


En total 2.833 galegos e galegas contaxiados pasaron por unha cama. Afortunadamente, o número de curados mantense en máis de 150 ao día, polo que, en cómputos globais, suponse que as plantas de COVID do SERGAS seguen gañando espazo.





CONTAGIOS


Nas cifras de positivos galega volve haber bastante lea, alimentado, pero só en parte, polo barullo de Vigo.


Hoxe hai 100 contaxiados confirmados novos en total, o que soa bastante preocupante. Agora ben, o é menos porque hoxe e onte este cómputo global inclúe positivos de anticorpos. Un tipo de contagios que a Xunta non notificaba ao Ministerio con regularidade ata onte.


Así que para facer unha mellor idea da evolución recente, mellor mirar só a gráfica de positivos por PCR, a proba máis lenta, fiable e da que se dispón desde o principio. Aí vemos que a tendencia segue sendo levemente á baixa, con 37 novos casos confirmados hoxe. 


Que pasa coa cifra de positivos por anticorpos? Hoxe aparecen 63, onte 193, o 30 de abril 190 e o 28 118. O resto de días? Non se sabe, a Xunta non notificou datos deste tipo de positivos. 


Galiciapress preguntou se os contagios por anticorpos notificados nos últimos días proviñan do estudo serológico polo que o SERGAS realizou probas a uns 40.000 cidadáns, tivesen síntomas ou non. A Consellería de Sanidade aínda non respondeu a esta cuestión, remitida fai dúas xornadas.


Se a esta falta de aclaracións da Xunta, ás súas rectificacións das cifras de Vigo (rectificacións orais que non por escrito), engadimos que as cifras de positivos por anticorpos hai que deducilas dos acumulados globais do Ministerio porque a Xunta non as inclúe na súa notas de prensa, a conclusión é que a propia administración está a minguar a fiabilidade das cifras oficiais de contagios.  


Unha moi mala noticia, porque a confianza na administración é unha das poucas armas que temos para derrotar ao coronavirus e as repetidas leas de cifras  entre Ministerio e Consellería, non fomentan precisamente esa confianza.


UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS


Os números das UCIs tampouco se salvan da diverxencia de criterios entre as administracións. A Xunta segue informado só de casos activos, o Ministerio de casos acumulados. Como non foi ata o 28 que a Xunta empezou a cumprir o criterio de Ministerio para contar casos de coronavirus, a serie de casos acumulados só chega ata ese día.


En todo caso, nesta fronte a evolución non presenta novidades. Caída constante -salvo algún repunte mínimo certos días- pero moi lenta. Hoxe son só 28 os enfermos con COVID-19 encamados nunha UCI, dúas menos que onte.


Ata onte pasaran polas UCI galegas 320 persoas con cooronavirus. Onte só houbo un ingreso. 


Boas noticias, embazadas porque este alivio das UCIs está impulsado en parte por falecementos.


MORTES 


454 persoas faleceron en hospitais galegos tras dar positivo por PCR. En residencia, son xa 132 os óbitos.


Onte morreron 4 persoas, 3 en hospitais e 1 nunha residencia, en concreto no centro Claudina das Somozas na Coruña.


De media esta semana están a falecer unhas cinco persoas ao día en Galicia por coronavirus, cunha leve tendencia á baixa.


Se aos 123 decesos en hospitais sumámoslle os 134 óbitos en hospitais pero de persoas que vivían ou traballaban en residencia, resulta que case 1 de cada 2 mortes en Galicia procede de centros residenciais.






COMPARACIÓN DE GALICIA CON ESPAÑA


Está mellor situada Galicia que a media española para avanzar no desconfinamiento? Non, polo menos no que a contagios refírese.


A incidencia acumulada galega é de 40,2 contagios por cada 100.000 habitantes confirmados nos últimos 14 días. A equivalente española é de 41,5.


En principio, Murcia, Canarias, Asturias, Illas Baleares, Ceuta e Andalucía son as mellores posicionadas para o desconfinamiento; polo menos nesta índice.





DATOS DE ESPAÑA


Quinto día consecutivo que o Estado conta menos de 1.000 novos contagios confirmados por PCR.  O descenso continuado de positivos cando en teoría están a facerse máis probas indica que a enfermidade parece que se está transmitindo cada vez menos.




O descenso de falecementos diarios está a ser máis lento. Por exemplo, hoxe repunta ata os 244, a peor cifra das catro últimas xornadas. Con todo, a tendencia xeral segue sendo descendente.




A nivel internacional, pódese afirmar que a corentena española -das máis estritas- logrou reducir máis as mortes que outras corentenas menos duras. A curva de falecidos española era moito máis empinada ao principio que a de Italia, Reino Unido, ou Francia. Agora, España parece que terá menos decesos que todos estes países, aínda que sexa  poucos menos que os case 30.000 que xa acumula Italia. 


Portada 5uVD5 hospitalizados en galicia por coronavirus (1)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE