Outro lote de máscaras defectuosas para sanitarios

A Xunta inmobilizou na súa plataforma de distribución, antes de ser remitidas a ningunha das áreas sanitarias, 12.000 máscaras que non cumprían coas especificacións requiridas para ser utilizadas e presentou unha reclamación ao provedor para que as repoña.

|

A Xunta inmobilizou na súa plataforma de distribución, antes de ser remitidas a ningunha das áreas sanitarias, 12.000 máscaras que non cumprían coas especificacións requiridas para ser utilizadas e presentou unha reclamación ao provedor para que as repoña.

As máscaras inmobilizadas correspóndense con dous modelos dos que o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo alertou de que non cumprían as especificacións de filtrado requiridas para ser empregadas.

Trátase, en concreto, do modelo Elite EB09.04 (FFP3) e dun lote das KN95 Mask Purvigor (FFP2). O Servizo Andaluz de Saúde informou tamén este martes de que algunhas destas máscaras foran adquiridas e distribuídas alí e procedeu a retiralas.


Mascherina kn95 mask purvigor

KN95 Mask Purvigor


No caso de Galicia, fontes do Sergas precisaron a Europa Press que, efectivamente, detectouse un lote de 12.000 máscaras que non cumprían os criterios esixidos e que se atopaban na plataforma de distribución da Xunta. Por iso, foron xa inmobilizadas e non chegaron ás áreas sanitarias para o seu uso.

Dado que estas máscaras corresponden a unha adquisición por parte do Executivo galego e non do Goberno central, foi a Xunta a que "inmediatamente" interpuxo unha reclamación ante o provedor para esixir que se repoñan as unidades nas condicións esixidas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE