​Deportistas de elite e cidadáns pendentes dos anuncios do Goberno para poder saír a correr ou en bicicleta

Mentres avanza a desescalada no referido ao número de mortes e contagios, as restricións e o confinamento realizarase de forma paulatina, aínda que a posibilidade de realizar actividade física no exterior será das rutinas que primeiro recuperaremos. 


|

Mentres avanza a desescalada no referido ao número de mortes e contagios, as restricións e o confinamento realizarase de forma paulatina, aínda que a posibilidade de realizar actividade física no exterior será das rutinas que primeiro recuperaremos.


Correr deporte




Os expertos en sanidade xa avanzan que permitir aos maiores ou persoas que por motivos de saúde teñan recomendadas actividades físicas como os paseos son algunhas das medidas que a día de hoxe están encima da mesa. Tamén os traballadores de xeriátricos piden que o confinamento se relaxe para as persoas segundo as doenzas que padezan e os beneficios que a actividade ao aire libre poida ter sobre as mesmas, e non atendendo a criterios de idade.


O deporte ao aire libre chegará despois de permitir aos menores de 12 anos saír á rúa para partir do 27 de abril. Actividades como correr ou ir en bicicleta poden ser as seguintes que volvan formar parte da nosa vida diaria, unha noticia que esperan con ansia moitos deportistas de elite, que despois de dous meses de confinamento e realizando exercicios baixo teito ven como o feito de poder a saír a correr, sempre de forma individualizada, pódeos devolver ao campo de batalla.


Os cidadáns tamén agardan a que se levanten estas medidas, aínda que isto pode supoñer a aparición de “novos runners” que utilicen o deporte como escusa para saltarse o confinamento.


Con todo, mesmo nas prácticas deportivas haberá restricións, como adiantou o portavoz do Goberno Fernando Simón. “Un persoa correndo non é un risco, pero se me vou a xuntar con outra que corre diante min, e con outras tres un pouco máis adiante, é unha moi mala interpretación”, sostivo ante os medios. Con todo, si matizou que autorizar que a xente poida saír a correr ao aire libre é unha cuestión “razoable”, pero debe estudarse cuestións coma se debe someterse a un horario ou unhas zonas delimitadas.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE