A gráfica do coronavirus en Galicia dá o maior salto ata o de agora con case 600 novos casos

O número de pacientes que dan positivo por coronavirus en Galicia rexistra a maior subida na comunidade desde que comezou a expansión da enfermidade. Só nas últimas 24 horas confirmáronse 584 novos casos, despois de dous días consecutivos que apuntaban a unha certa estabilidade ou mesmo a unha desaceleración. 



|

O número de pacientes que dan positivo por coronavirus en Galicia, segundo os últimos datos do Ministerio de Sanidade, rexistra a maior subida na comunidade desde que comezou a expansión da enfermidade. Só nas últimas 24 horas confirmáronse 584 novos casos, despois de dous días consecutivos que apuntaban a unha certa estabilidade ou mesmo a unha desaceleración. 




Galicia, con 3.723 casos ao 30 de marzo, non é un caso excepcional en España. Desde onte, España deu un salto de case  6.400 casos, cun total de 85.195 positivos. Madrid segue sendo o epicentro da epidemia, con case un terzo dos positivos a nivel nacional. 


En canto ao número de falecidos, nas últimas horas confirmáronse os últimos decesos na comunidade, nas áreas sanitarias de Santiago de Compostela e A Coruña. O últimos cinco falecidos, todos eles homes, superaban os 77 anos. 



Cos datos deste domingo, Galicia encabeza a clasificación de comunidades no que a positivos nas últimas 24 horas refírese (só superado porcentualmente pola cidade autónoma de Ceuta)  




Con todo, e anque o aumento no número de casos é realmente significativo no caso da comunidade galega, en canto a cifras absolutas mantense moi lonxe das CCAA máis afectadas polo coronavirus: Madrid, Cataluña (máis de 16.000) e País Vasco (máis de 6.000).





Doutra banda, no apartado de datos para a esperanza, no conxuntos estatal parece que o a curva de positivos comeza a aplanarse ou mesmo a decrecer. Fai xa varias xornadas que España non supera o seu propio rexistro de datos positivos nun só día. 



No referido ao número de pacientes dados de alta a cifra ascende xa a 16.780, un dato realmente positivo que irá crecendo exponencialmente ao longo desta semana, superada a primeira metade do confimaniento. 



En cambio, a cifra de falecidos a nivel estatal é de 7.340 decesos, sen saltos alarmantes nas últimas horas no conxunto do estado. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE