Sindicato de médicos denuncia á Xunta porque non hai máscaras nin batas para protexelos do coronavirus
O Sindicato Médico de Galicia CESM-Galicia denunciou ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social a "falta" de equipos e material de prevención para evitar contagios por coronavirus entre profesionais sanitarios.
Os doutores necesitan ese material de maneira "urxente" porque o número de contagios nos hospitais é "insostible"
Taller de fabricación de batas cirúrxicas
Nun comunicado, a central sinalou que recorreu á entidade pública "para que se emenden as enormes deficiencias de material de protección" para o persoal que traballa con infectados e acusou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) de incumprir a lexislación de prevención de riscos laborais.
QUE NECESITA O SERGAS?
Neste sentido, volveu a reclamar de modo "urxente" unha dotación de batas impermeables, máscaras homologadas de distintos tipos, lentes de protección e contedores grandes de residuos para que os traballadores do sector sanitario poidan "combater o virus con certas garantías".Nesta liña, CESM instou á Consellería de Sanidade a avaliar os "riscos" aos que se enfrontan estes profesionais dun modo individualizado. Así, avogou por que se estuden as circunstancias persoais dos traballadores ante a "proliferación de contagios" rexistrada entre os mesmos.
Ademais, o sindicato afirmou que esta situación resulta "insostible" e "perigosa" para os profesionais e os pacientes que acoden aos centros asistenciais públicos da comunidade.
SEN EVALUCACIÓN DE RISCOS DESDE O COVID-19
Así mesmo, a central acusou ao Sergas de non realizar unha "avaliación de riscos" en relación á actividade que desenvolve o persoal sanitario "desde a detección do COVID-19".Tamén afirmou que o servizo de sanidade público da comunidade incumpriu "" as recomendacións do Ministerio de Sanidade e a Organización Mundial da Saúde (OMS) en relación á necesidade de aplicar as medidas necesarias para que estes traballadores "poidan facer o seu traballo en condicións mínimas de seguridade" e non sexan contaxiados "polos pacientes ou polos seus propios compañeiros". Así, incidiu en que estes organismos incidiron do mesmo xeito na importancia de prover a estes profesionais do material preciso.
Escribe o teu comentario