A gráfica do coronavirus en Galicia mostra que a epidemia segue acelerando a case 500 novos casos por día

Aínda que o salto non están importante como o de onte en termos relativos, parece evidente que Galicia non está a lograr aplanar a curva.


|

Lamentablemente, o COVID-19 segue batendo marcas en Galicia. O sábado trae 450 casos novos confirmados, novo acelerón respecto a os 407 confirmados onte. En total, son xa máis de 2.700 os galegos e galegas que deron positivo.





Aínda que o salto non están importante como o de onte en termos relativos, parece evidente que Galicia non está a lograr aplanar a curva. A Xunta estimou esta semana que o pico podería chegar durante a fin de semana ou uns días despois. Por agora, non se produciu.




Os datos da Xunta por áreas sanitarias son de  2.627 casos en activo: 633 na área de Vigo, 597 na Coruña, 454 en Santiago, 371 en Ourense, 290 en Pontevedra, 219 en Lugo e 63 en Ferrol. Preocupante é sobre todo o aumento en Vigo e Lugo.



A incidencia acumulada nos últimos 14 días, segundo os datos oficiais do Ministerio, é de 98 casos por cada 100.000 habitantes en Galicia. Lonxe aínda da media estatal, 141, pero moito máis próxima que na semana pasada. A Rioxa con máis de 365 casos por 100.000 habitantes nas últimas dúas semanas supera a Madrid como autonomía con máis incidencia acumulada.


A nivel estatal a cifra de infectados supera xa os 72.000. Máis de 21.000 deles están en Madrid:


Afortunadamente, non é o maior repunte no Estado ata a data. De feito, a gráfica de novos casos en España pode inspirar -con certa cautela- certo optimismo. É o cuarto día que se está aplanando, ao rededor dos 8.000 casos diarios:




Outro dato importante é que o número de falecementos en España segue batendo récords, 832 nun só día, pero parece tamén que a súa gráfica de  novas mortes por xornada estase aplanando: 




Tamén en Italia o gráfico de novos casos diarios leva xornadas sen bater o seu récord:



Estados Unidos está a piques de converterse no cuarto país con máis falecidos. É moi probable que na próxima semana supere aos de China en mortes, dado que xa é líder en positivos:










(Haberá actualización con máis gráficas)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE