Falta material nas residencias de maiores, a Xunta quéixase que Madrid mándao a "contagotas" e traballadores piden dimisións


Cada vez chegan máis indicacións de que a crise polo coronavirus está a poñer en dificultades a varias residencias de anciáns en Galicia. Política Social confirma a Galiciapress o brote na de Domus VIN en San Lázaro (Santiago) e recoñece que fai falta máis material; San Carlos, en Celanova, sofre hoxe o seu primeiro caso; a residencia de DomusVi en Barreiro (Vigo) suma tres positivos e o usuario dunha residencia de maiores de Caldas segue illado no centro. A situación está a tomar tal cariz que a Xunta contempla trasladar a infectados de residencias de maiores a hoteis ou outros centros .


|

Cada vez chegan máis indicacións de que a crise polo coronavirus está a poñer en dificultades a varias  residencias de anciáns en Galicia. Política Social confirma a Galiciapress o brote na de Domus VIN en San Lázaro (Santiago) e recoñece que fai falta máis material; San Carlos, en Celanova, sofre hoxe o seu primeiro caso;  a residencia de DomusVi en Barreiro (Vigo) suma  tres positivoso usuario dunha residencia de maiores de Caldas segue illado no centro. A situación está a tomar tal cariz que a Xunta contempla trasladar a infectados de residencias de maiores a hoteis ou outros centros .



Máis aló de quen ten a culpa do que pasa, os máis preocupante é que os traballadores seguen queixándose de que non teñen equipos de protección. Destacan que podían converterse así en transmisores de contaxio para as súas familias e outros maiores residentes. Unha seria deficencia que, entre liñas, a Xunta recoñece.


"Somos conscientes da necesidade de máis equipos de protección individual ( máscaras, luvas, batas e outro material) e estamos aos reclamar día tras día ao Goberno central, tanto o Presidente da Xunta como a conselleira de Política Social", indicou hoxe Política Social a Galiciapress.  


A Consellería respondía así as cuestións desta redacción sobre os contaxios na residencia de Domus VIN en Santiago, onde hai polo menos cinco positivos. 


Operario municipal desinfectando residencia de maiores en Vimianzo nunha foto do Concello

Operario municipal desinfectando residencia de maiores en Vimianzo nunha foto do Concello 


QUEIXAS DO GOBERNO GALLEGO

Desde San Caetano portavoces oficiais de Política Social lanzaban unha queixa a Moncloa: "Está a chegar a contagotas ao longo das últimas horas". "Esta fin de semana o Ministro de Sanidade asumiu a subministración centralizada deste material, polo que a Xunta non ten capacidade para adquirilo de maneira directa", indicaban. 


Unha mensaxe cuxo ton coincide co do presidente. Alberto Nuñez Feijóo insiste que non quere criticar ao Goberno de España no medio desta pandemia, pero leva días alertando de que en Galicia non hai material sanitario suficiente para varios colectivos  e protestando porque di que Moncloa non está a cumprir as súas promesas de subministración.


ACUSACIÓNS CON NOMES E APELIDOS

Razoamentos que non convencen ao principal sindicato na Administración Autonómica.  Así, relata Europa Pressa secretaria nacional de CIG-Autonómica, Zeltia Burgos, pide a "dimisión inmediata" dos responsables da Consellería de Política Social e estuda "esixir responsabilidades penais" pola "falta de medidas preventivas" fronte ao coronavirus en residencias e centros de maiores de titularidade pública.


Neste sentido, o sindicato apunta como "directamente responsables" de todo iso á conselleira do ramo, Fabiola García; á secretaria xeral técnica, María Francisca Gómez; e ao xerente do Consorcio Galego de Benestar, Perfecto Rodríguez.


E é que, segundo Zeltia Burgos, en moitas das residencias de maiores "aínda non se tomaron as medidas de prevención necesarias", nin "se dotou de EPI (equipo de protección individual) adecuado ao persoal".


OS TRABALLADORES TEMEN LEVAR A ENFERMIDADE A CASA

"Non temos dúbida en que as persoas maiores están no centro e son un grupo de risco ante a infección do COVID-19, e tamén somos conscientes de que as persoas traballadoras destes centros somos potenciais vectores de infección", explica a sindicalista.

Por iso, a responsable de CIG-Autonómica ve "perverso que a Xunta non proporcione" aos empregados "o material necesario", que "mesmo o traen desde casa", e cre que as precaucións deben ser "as máximas posibles, as mesmas que emprega o persoal sanitario".

DENUNCIAS ANTE INSPECCIÓN
Ademais, asevera que a Xunta "só poñen medios unha vez que a infección está dentro", polo que "poden estar infectadas todas as persoas usuarias cando salga á luz o primeiro caso".

Dada esta "falta de medidas preventivas" ante o COVID-19 que apunta a CIG "desde o pasado 5 de marzo", a organización xa presentou este mércores denuncias ante a Inspección de Traballo na Coruña e en Ourense, así como ante a Subdelegación do Goberno e a Xefatura Territorial de Sanidade; e este venres fixeron o mesmo en Lugo e Pontevedra.


RESPOSTA DA XUNTA, CULPANDO AO ESTADO

Pola súa banda, fontes da Consellería de Política Social consultadas por Europa Press din ser "conscientes" de que "non hai tantos equipos de protección", pero advirten que a subministración de material "está centralizado no Ministerio de Sanidade".

Precisamente, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este venres que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) busca provedores para comprar material sanitario de forma directa e afeou o "atasco" que "se está producindo" no abastecemento destes produtos por parte do Goberno do Estado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE