Máis de 45.000 galegos apúntanse para non recibir papeletas e propaganda electoral en casa

Un total de 47.356 persoas solicitaron ser excluídos das copias do censo electoral que se entregaron aos representantes das candidaturas para realizar envíos postais de propaganda electoral. Isto é, pediron expresamente que os partidos políticos non lles manden a casa as papeletas e folletos de publicidade.

|

Sexa por motivos de conciencia ecolóxica -por exemplo para evitar a talla de árbores para papel- ou por cuestións ideolóxicas -por exemplo por preferir a abstención-; crece o número de persoas que se apuntan en liña a non recibir comunicacións dos partidos nas súas caixas de correos. 


Un trámite exclusión/inclusión nas copias do censo electoral que se entregan aos representantes das candidaturas para realizar envíos postais de propaganda electoral  que pódese facer en este ligazón.


Eleccionespapeletas




Un total de 47.356 persoas solicitaron ser excluídos das copias do censo electoral que se entregaron aos representantes das candidaturas para realizar envíos postais de propaganda electoral. Isto é, pediron expresamente que os partidos políticos non lles manden a casa as papeletas e folletos de publicidade.


Concretamente, 47.240 son electores que residen en Galicia, mentres que 116 son residentes no estranxeiro, segundo os datos solicitados por Europa Press tendo como fonte o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Por provincias, na Coruña solicitárono 21.893 residentes en Galicia e 50 no estranxeiro; 16.026 na de Pontevedra --15.972 residentes en Galicia e 54 no exterior--; e 4.907 e 4.480 en Ourense e Lugo, respectivamente. Nestas dúas provincias unicamente seis, en cada caso, correspóndense con electores residentes no estranxeiro.

RECLAMACIÓNS DO CERA
Noutra orde de cousas, a oficina do censo electoral recibiu 97 reclamacións de electores residentes ausentes, das cales 94 foron aceptadas. Un total de 41 referíanse a altas e seis a baixas, mentres que 53 consistiron modificacións.

A Coruña rexistrou 42 peticións, das que se aceptaron 40; Pontevedra 37, con todas aceptadas; Lugo dez; e Ourense oito, das que se tramitaron sete ao ser unha denegada.

No caso de residentes en Galicia, rexistráronse 96 peticións, das cales foron aceptadas 94: 56 altas, 65 baixas e 38 modificacións. Por provincias, Pontevedra contabilizou 55; A Coruña, 22 --dous foron denegadas--; Lugo, 12; e Ourense, outras sete.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE