Empresas de comida para animais a domicilio ou de drons marítimos son algunhas das seleccionadas por VíaGalicia

A aceleradora de empresas de Xunta e Zona Franca de Vigo, ViaGalicia, seleccionou este mércores as 11 mellores ideas da súa sexta convocatoria, seis da área de Vigo e outras cinco de Lugo, e que pasarán á fase de Aceleración.

|

O programa que lidera a Zona Franca busca consolidar e dar a oportunidade a empresas galegas para que capten a atención de grandes investidores


A aceleradora de empresas de Xunta e Zona Franca de Vigo, ViaGalicia, seleccionou este mércores as 11 mellores ideas da súa sexta convocatoria, seis da área de Vigo e outras cinco de Lugo, e que pasarán á fase de Aceleración.



Emprendedores de Vu00eda Galicia nunha foto de David Regades




CRITERIOS DE SELECCIÓN

Segundo comunicou Zona Franca, estas 11 iniciativas foron escollidas pola súa "capacidade para achegar valor engadido ao tecido empresarial galego" e por "a solidez e equilibrio do equipo para cubrir as necesidades do proxecto no seu estado actual, e abordar novos retos, conseguir consolidarse no mercado e atraer novos investimentos".

Así, seleccionáronse tres empresas de base tecnolóxica : 'Anduriña 25', unha startup do sector aeronáutico que está a desenvolver unha aeronave híbrida con capacidade de despegamento vertical e gran autonomía; 'NavNaval', que ofrecerá un servizo de comunicación e certificación no ámbito marítimo, mediante unha plataforma de servizos de inspección con drons, trazababilidad e intelixencia artificial; e 'Alice Biometrics', que desenvolveu unha aplicación para a verificación de identidade online segura.

Na sexta edición de ViaGalicia tamén se seleccionaron iniciativas relacionadas co mundo das mascotas, como a de 'Frankie the King', de envío a domicilio de comida cociñada para cans, ou 'The Painter's Wife', unha marca de roupa e accesorios de alta calidade; ás que se suma 'ItechTerm', especialistas en monitoraxe de gando, para controlar a súa saúde e benestar.

No ámbito da restauración foron tres as propostas seleccionadas: 'Tappear', unha aplicación específica para bares de tapas; 'Versos da Ruda', de sobremesas galegas caseiras en tarros de cristal dirixidos ao canle HORECA (hoteis, restaurantes e cafeterías); e 'Sangría Republic', que elabora sangría con receitas patentadas, en formato latexe, espumosa e 'craft'.

Por outra banda, seleccionáronse dúas ideas no sector de saúde: 'Envita', unha plataforma online que permite recompilar a historia da vida, fotos e desexos de persoas maiores, para apoiar o envellecemento activo; e 'Mami Consénteme', dedicada aos accesorios de puericultura.


NOVA FASE NA  VIDA EMPRESARIAL

Todas estas ideas pasarán agora á fase de Aceleración, na que, durante 6 meses, estarán no Centro de Negocios do Parque Empresarial Porto do Molle, contarán co apoio dun equipo de titores e mentores, e recibirán o financiamento que necesiten nesta etapa (ata un máximo de 125.000 euros).

O proceso culminará entre xuño e xullo, cando está prevista a celebración do 'Investors Day', unha xornada na que os responsables de cada proxecto terán que defendelo ante empresas, colaboradores e fondos de investimento externos.

ViaGalicia púxose en marcha en 2013 e, desde entón, investiu 8 millóns de euros na aceleración de empresas. Neste tempo presentáronse máis de mil candidaturas, e impulsáronse 160 iniciativas; en total, formáronse 68 empresas, que xeraron 340 empregos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE