(Vídeo) Netflix estreará A Desorde que Deixas, a súa primeira serie 100% galega, nuns meses
Está baseado no libro 'A desorde que deixas', do ourensán Carlos Montero
Tamar Novas, Inma Cuesta e Barbara Lennie son algúns dos principais actores dunha trama de suspense. A exitosa produtora galega Vaca Films é unha das promotoras.
Netflix estreará no outono a súa primeira produción feita integramente en Galicia, un traballo baseado no libro 'A desorde que deixas', do ourensán Carlos Montero, que tamén participa como guionista e director neste proxecto.
T
rátase dunha dirección compartida con Silvia Quer e Roger Gual para unha produción, integrada por oito capítulos, e que conta como produtores executivos a Emma Lustres e Borja Pena, de Vaca Films, así como Carlos Montero.
Filmación da desorde que deixas
Escribe o teu comentario