Tres persoas durante sete horas para atender os case 20.000 veciños de Moaña, denuncia CIG Saúde

CIG Saúde denunciou este mércores que o Punto de Atención Continuada de Moaña (Pontevedra) estivo o pasado domingo durante 7 horas coa metade de persoal médico, unha situación que a xerencia da área sanitaria coñecía con antelación, sen que tomase medidas para evitala.

|

CIG Saúde denunciou este mércores que o Punto de Atención Continuada de Moaña (Pontevedra) estivo o pasado domingo durante 7 horas coa metade de persoal médico, unha situación que a xerencia da área sanitaria coñecía con antelación, sen que tomase medidas para evitala.


Traballadores dos PAC peregrinan desde a Consellería de Sanidade ao Obradoiro

Protesta dos traballadores dos PACs galegos


Segundo o sindicato nacionalista, o domingo de 15,00 a 22,00 horas, tan só había un equipo de facultativo/a-enfermeiro/a, e unha enfermeira a maiores, cando o habitual é que haxa dous equipos completos.


Nesta situación, denunciou, "en caso de saída do equipo, quedaría unha soa enfermeira tendo que resolver os problemas" do PAC, co agravante de que esta traballadora non está facultada para prescribir medicación.


Nesas horas, Moaña "quedou con menos atención médica da habitual, por baixo das necesidades da poboación, e coa consecuente sobrecarga do persoal que estaba no centro", subliñou a CIG.

Así mesmo, trasladou a "preocupación" destes traballadores porque que a situación se pode repetir, e non se cobren as ausencias. A ese respecto, o sindicato lembrou que, con motivo da realización das probas da OPE de Medicina de Familia e Comunitaria, o próximo 1 de marzo, boa parte do persoal facultativo dos PAC, que é eventual, non estará nos seus postos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE