Támara Echegoyen gaña o seu terceiro mundial e ponse rumbo a toda ver cara a Tokio
A ourensá imponse no campionato do mundo de 49er FX xunto á súa compañeira Paula Barceló, que vén de recuperarse dunha lesión que case as aparta da carreira para a cita olímpica.
A ourensá imponse no campionato do mundo de 49er FX xunto á súa compañeira Paula Barceló, que vén de recuperarse dunha lesión que case as aparta da carreira para a cita olímpica.
Echegoyen e Barceló celebran o seu ouro | Foto: Federación de Vela
A cinco meses para as Olimpíadas de Tokio 2020, Támara Echegoyen adiantouse a cítaa nipoa e xa saborea un ouro. A ourensá acábase de colgar o metal precioso en Australia, onde se proclamou por segunda vez campioa do mundo en 49er FX xunto á súa compañeira Paula Barceló, que vén de recuperarse en tempo record dunha lesión que tivo en albas ao mundo da vela, que podería quedar sen unha das favoritas para as Olimpíadas.
Echegoyen, que xa conquistou este título en 2016 e que en 2013 levou o Campionato Mundial de Match Race, tivo que esperar ata a última xornada para gañar o título, que a pesar de non gañar si fixeron o necesario para manter a distancia coas súas perseguidoras, as británicas Dobson e Tidey, que envorcaron a súa embarcación.
Aínda que o barco ten asegurada a praza para Tokio, será a Federación de Vela a encargada de decidir quen serán as regatistas, aínda que con case toda seguridade serán as campioas do mundo, especialmente pola experiencia da auriense, que xa sabe o que é colgarse unha presea olímpica.
PORTOSÍN EN TOKIO
Ademais do ouro de Echegoyen, Galicia tamén celebra a prata de Iago López Marra, que se trae de Oceanía unha prata que o leva directo a Tokio, só por detrás dos neozelandeses, sempre favoritos nesta categoría. O de Portosín amarrou o subcampeonato xunto ao cántabro Diego Botín, que melloran o seu rexistro despois do cuarto posto do mundial anterior. Agora toca seguir este ritmo para chegar con vento nas velas a Tokio, a gran meta de todos os regatistas.
Escribe o teu comentario