Unha loba e tres cachorros híbridos vivían nunha leira en Quintela de Leirado (Ourense)

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Comandancia da Garda Civil de Ourense localizou nunha leira anexa a unha vivenda en Quintela de Leirado un exemplar de lobo ibérico, con tres cachorros hibrídos, do cruzamento da loba cun can común.

|

O dono explica que comprou por internet o exemplar pensando que só era un lobicán checo, pero empezou a sospeitar cando fixo un oco de dous metros para parir, polo que encargou análises xenéticas


O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Comandancia da Garda Civil de Ourense localizou nunha leira anexa a unha vivenda en Quintela de Leirado un exemplar de lobo ibérico, con tres cachorros hibrídos, do cruzamento da loba cun can común.


Lobo ibérico con tres cachorros híbridos intervidas polo Seprona nunha leira en Quintela de Leirado (Ourense).


Segundo informou o Instituto Armado, o Seprona tivo coñecemento o 14 de novembro de 2018 de que un veciño de Quintela de Leirado tiña nunha leira próxima á súa vivenda un canido que, polo seu comportamento e morfoloxía, puidese tratarse dun lobo (Canis Lupus).


Lobos intervidos en Quintela nunha imaxe da CRTVG

Animais intervidos en Quintela nunha imaxe da CRTVG


Por iso, relataron as mesmas fonte, realizouse unha inspección do animal e o día 10 de febreiro de 2019 procedeuse á recollida dunha mostra biolóxica de carácter indubitado, para a realización de estudos de ADN que analicen a composición xenética do canido e categorice a súa raza.

Como resultado desas probas realizadas polo Departamento de Medio Ambiente do Servizo de Criminalística da Garda Civil, obtívose o perfil xenético dos restos biolóxicos analizados, e confirmouse que se trataba dun exemplar de Canis Lupus Signatus (Lobo ibérico).

O día 12 de febreiro faise cargo dos animais o Servizo de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, tras ser entregados voluntariamente polo propietario.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE