Un operativo con drons para buscar á moza de 26 anos desaparecida en Ourense
A Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) colabora na mañá deste mércores nun operativo de procura dunha muller de 26 anos que foi vista por última vez o pasado 20 de xaneiro en Ourense e cuxa desaparición se denunciou o 6 de febreiro.

Un operativo de rastrexo con drons
Segundo informou o 112 Galicia, os labores de rastrexo, que están coordinadas pola Policía Nacional de Ourense, centraranse este mércores no Barrio de Covadonga.
Por parte do 112 Galicia pasouse o aviso aos axentes da Policía Local tras ter coñecemento dos feitos, este martes 11 de febreiro, a través da Policía Nacional.
Fuentes policiais, confirmaron que a denuncia pola desaparición presentouse o pasado 6 febreiro e a investigación da Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) localizou a unha última persoa, ata a data, que a viu o 20 de xaneiro.
A Policía Nacional continúa a procura, non só física como o rastrexo deste mércores nunha zona de con "bastante arborizado" no Barrio de Covadonga, precisaron as mesmas fontes, senón a través de declaracións de contorna e outras.
Fuentes policiais puntualizaron que os rastreos levan a cabo en zonas "habituais" onde adoitaba acudir esta nova, veciña de Ourense, antes de desaparecer.
Escribe o teu comentario