Novas conexións de avión Santiago - Roma e Santiago - Zaragoza

A nivel español; Madrid: todos os días, ás veces con dúas frecuencias; Tenerife Sur: martes, mércores, venres, sabados e domingos;  Barcelona: todos os días menos o xoves; Lanzarote: luns, mércores e domingos; Alacante: diario; Gran Canaria: diario; Zaragoza: luns e venres; Valencia: todos os días menos os sábados; Sevilla: diario; Málaga: diario menos luns e domingos; e Palma de Mallorca: diario menos os venres.


|

Lonxe de confirmarse os temores de que Ryanair incluíse Lavacolla entre as bases que dixo vai pechar en España, a compañía anuncia un segundo avión máis para o aeroporto compostelán.


Segundo explica Aeronoticiario SCQ, a compañía irlandesa incorpora dúas novas rutas directas: Santiago de Compostela - Roma e Santiago de Compostela - Zaragoza. En principio, a partir do próximo 1 de xuño, cando a nova nave, outro Boeing 737-800 co que xa ten base en Santiago, empece a funcionar desde Lavacolla.


Pasaxeiros embarcan no aeroporto de Lavacolla

Embarcando en Lavacolla


O novo avión permitirá ademais reforzar as conexións xa existentes. Así increméntase o número de frecuencias semanais a destinos nacionais como Málaga, Palma de Mallorca, Sevilla e Valencia. 


O aumento en Santiago prodúcese un ano despois de que Ryanair abandonase Vigo. Algo que, sen dúbida, alimentará a case constante polémica entre os alcaldes e a Xunta galega ao fío das axudas ás aerolíneas.


Os vueloso de Ryanair desde Santiago da seguinte maneira. A nivel internacional; Malta: martes e sábados; Frankfurt: martes, xoves e sábados Milán: mércores, venres e sábados; Roma: luns e venres; ademais do voo diario a Londres.


A nivel español; Madrid: todos os días, ás veces con dúas frecuencias; Tenerife Sur: martes, mércores, venres, sabados e domingos;  Barcelona: todos os días menos o xoves; Lanzarote: luns, mércores e domingos; Alacante: diario; Gran Canaria: diario; Zaragoza: luns e venres; Valencia: todos os días menos os sábados; Sevilla: diario; Málaga: diario menos luns e domingos; e Palma de Mallorca: diario menos os venres.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE