Asasinado a coiteladas o xerente dun bar da zona vella de Ourense

A investigación apunta a que o home achado morto nun bar no casco antigo de Ourense á primeira hora da noite deste mércores supostamente faleceu por feridas causadas por arma branca.

|

A Evaristo quedaba pouco para xubilarse. Atendía o Bar Novo na rúa Colón desde hai varios anos.


A investigación apunta a que o home achado morto nun bar no casco antigo de Ourense á primeira hora da noite deste mércores supostamente faleceu por feridas causadas por arma branca. Trátase do xerente Evaristo Morín Machado.


Evaristo Moru00edn nunha imaxe do facebook do Bar Novo



Así o manifestaron fontes próximas á investigación a Europa Press, que confirmaron que a Policía Nacional investiga a morte violenta deste home.


En concreto, a Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Policía Nacional investiga a morte violenta do home que rexentaba o Bar Novo, situado no casco antigo da cidade de Ourense.

Os feitos sucederon sobre as 20,30 horas deste mércores no Bar Novo. A vítima, que rexentaba o establecemento hostaleiro, atopábase falecido e presentaba feridas por arma branca e golpes.

O establecemento hostaleiro, situado na rúa Colón, estaba pechado ao público cando os axentes da Policía Nacional chegaron ao lugar e constataron que o home estaba morto.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE