El Corte Inglés baralla pechar o seu centro comercial en Marineda Coruña


O local do Corte Inglés no Centro Comercial de Marineda City A Coruña corre perigo de desaparecer. O comercio coruñés figura nunha lista de 25 tendas que a dirección baralla pechar, reducir ou reformar.



|

O local do Corte Inglés no Centro Comercial de Marineda City A Coruña corre perigo de desaparecer. O comercio coruñés figura nunha lista de 25 tendas que a dirección baralla pechar, reducir ou reformar.


O Corte Inglu00e9s de Marineda City nunha imaxe de EP



No caso da sede herculina especifícase "pechar e transformar propiedade inmobiliaria"  ante as "fortes amortizacións pendentes". Así o indica a lista adiantada hoxe por El Confidencial.


TENTOUSE VENDER PARA LOGO ALUGALO

Na primavera do ano pasado xa transcendió que a cadea pretendía vender ese inmoble, pero non pechar. O plan filtrado entón pasaba por alugar a mesma sede que vendía para así facer caixa coa que afrontar a súa débeda bancaria.  A empresa dábase seis meses para vendelo, pero parece que non logrou atopar un comprador para os case 50.000 metros cadrados.

Esa operación non afectaba directamente o emprego, pero o posible peche en Marineda City en principio si.


É O ÚNICO CENTRO GALEGO EN NÚMEROS VERMELLOS

O ano pasado o espazo en Marineda tivo un resultado de explotación negativo de 3 millóns de euros. A Coruña é ademais a única cidade galega onde o grupo dispón de dous grandes centros comerciais. Nin o centro herculino de Ramón e Cajal nin os espazos en Santiago e Vigo deberían correr perigo en principio, pois non están en números vermellos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE