A Xunta esqueceuse do Rey á hora de promulgar tres leis

A Xunta de Galicia publicou este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG) tres correccións de erros correspondentes a tres leis nas que non se incluíu o parágrafo para promulgalas "en nome do rei".

|

O xefe do Estado, que carece de poderes lexislativos, si posúe unha relevante posición simbólica pois  o Estatuto de Galicia fixa que todas as leis deben publicarse no seu nome


A Xunta de Galicia publicou este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG) tres correccións de erros correspondentes a tres leis nas que non se incluíu o parágrafo para promulgalas "en nome do rei".


Captura de pantalla dunha corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o martes 21 de xaneiro. En concreto, as normas ás que afecta esta modificación, que non transcende máis aló da anécdota, son a de orzamentos do Goberno galego para este 2020, a de medidas fiscais que a acompaña e a de regulación do aproveitamento lúdico de augas termais, todas elas do 23 de decembro.


Feijoo e o Rey Felipe VI nun acto na Toxa



Estas tres correccións de erros tan só engaden a estas leis o seguinte parágrafo: "Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu (Alberto Núñez Feijóo), de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, promulgo en nome do rei a Lei (...)".

E é que, de acordo co artigo 13.2 do Estatuto de Autonomía, as leis aprobadas pola Cámara autonómica "serán promulgadas en nome do rei polo presidente da Xunta" --neste caso, Alberto Núñez Feijóo--, unha formalidade que non figuraba na publicación inicial do DOG.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE