Residuos hospitalarios tirados no medio dunha estrada
Restos hospitalarios, incluída unha xiringa usada de Mizadolam (un potente axente sedante), tirados no medio dunha estrada. Isto foi o que descubriron veciños de Miramontes a pasada semana na vía que leva á polémica entulleira compostelá. A responsable da entulleira descarga a responsabildad noutra compañía.
Restos hospitalarios, incluída unha xiringa usada de Mizadolam (un potente axente sedante), tirados no medio dunha estrada. Isto foi o que descubriron veciños de Miramontes a pasada semana na vía que leva á polémica entulleira compostelá. A responsable da entulleira descarga a responsabildad noutra compañía.
Sertego - UTE Eyrega, a empresa responsable do lugar, saíu onte ao paso. Segundo a súa versión, a responsabilidade do incidente non é súa. "Tanto a instalación, como a sociedade que ten outorgada a Autorización Ambiental Integrada (AAI), non teñen ningunha responsabilidade sobre a custodia do residuo nin sobre o traslado do mesmo, a cal recae unicamente sobre a empresa operadora do traslado", argumentan.
Xiringa de Midazolam entre os restos
De quen é a culpa entón que unha bolsa de residuos hospitalarios aparecese abandonada nas inmediacións da entulleira? A xestora anuncia quu "abre un expediente de non conformidade á empresa operadora do traslado de residuos hospitalarios non perigosos ás instalacións". A firma non identifica esa empresa de transporte que, supostamente, perdeu a bolsa no camiño.
En todo caso, insiste en que se trataban de "residuos hospitalarios non perigosos para a saúde das persoas nin para o medio ambiente". A empresa indica que comprobou dúas entradas deste tipo de residuos na entulleira o día 17 e engade que "conta con todos os requisitos ambientais" para o seu tratamento.
UNHA LONGA LOITA VECIÑAL
O asunto probablemente provocará a apertura dalgún expediente administrativo, como xa sucedeu no pasado.
Hai anos que a Plataforma de afectados polo entulleira Santiago de Compostela - Miramontes denuncian os cheiros da entulleira e acusan á xestora de enterrar alí residuos para os que non ten autorización. Ademais, o colectivo ten en marcha unha campaña contra o novo proxecto de "planta de valorización" presentado polos propietarios da antiga canteira e que está en fase de alegacións públicas.
Escribe o teu comentario