173 mortos nun avión en Irán tras o ataque contra bases de Estados Unidos en Iraq

O bombardeo aumenta a tensión despois de que Donald Trump dese a orde de asasinar o xeneral Qasem Soleimai.


|

A base aérea da Al Asad na provincia iraquí de Anbar, que acolle tropas estadounidenses, sufriu este mércores pola madrugada un ataque con mísiles, segundo informaron varios medios locais. A situación complícase polas noticias da caída dun avión ucraíno sobre Irán, con 176 mortos, en teoría por un fallo mecánico. O prezo do petróleo disparouse ao máximo dos últimos meses.


EuropaPress 2578681 Restos do aviu00f3n ucraíno no que viaxaban 180 persoas que se estrellu00f3 ao pouco de despegar do Aeroporto Internacional Imu00e1n Jomeini de Teheru00e1n Iru00e1n

Restos do avión ucraíno, no que viaxaban 180 persoas, que se estrelou ao pouco de despegar do Aeroporto Internacional Imán Jomeini de Teherán, Irán 


A ardia Revolucionaria Islámica de Irán  reivindica o ataque, represalia pola morte do xeneral Qasem Soleiman, abatido nun ataque estadounidense no Aeropuerto de Bagdad,  recolle cadena de televisión iraní Press TV.


Pola súa banda, a secretaria de prensa da Casa Branca, Stephanie Grisham, asegurou que o presidente, Donald Trump, "vixía a situación de preto co equipo de seguridade nacional", segundo indicou en Twitter.


O ministro de Exteriores de Irán anunciou que o ataque "concluíu" e que non buscan máis escalada de tensión contra Estados Uniods. Javad Farid conclúe que a resposta é legal e proporcionada.


Donald Trump, pola súa banda asegurou que por agora non hai noticias de baixas, aínda que comparecerá ante a prensa esta mañá.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE