​O BNG confirma que votará a Sánchez para frear á ultradereita (VÍDEO)

Néstor Rego acaba de confirmar que o BNG votará a favor da investidura de Pedro Sánchez. O deputado empezou a súa intervención citando a Castelao, do que hoxe se cumpre o 70 aniversario do seu falecemento no exilio arxentino, en galego e xustificou o seu voto na necesidade de combater o fascismo a unha ultradereita cada vez máis envalontonada.

|

Nestor Rego na sesiu00f3n de investidura no Congreso dos Deputados

Néstor Rego na sesión de investidura

Rego aludiu en primeiro lugar á “axenda galega” como motivo para o seu apoio á coalición de PSOE e Unidas Podemos. O parlamentario lembrou antes do pleno que o pacto inclúe a transferencia da AP9, “descontos do 100%” nas viaxes recorrentes pola Autoestrada do Atlántico, a rexeneración ambiental das rías e a solución á crise das industrias electrointesivas.

A POLÉMICA DO OBRIGADO

O parlamentario coruñés terminou a súa breve intervención cun “obrigado”, expresión que tamén usou Sánchez no debate de hai dous días e que foi criticada por algúns. Unha fórmula que non recolle o dicionario da Real Academia Galega pero que usan habitualmente os partidarios dunha aproximación da normativa do galego á portuguesa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE