Dous mozos morre carbonizados tras choque frontal en Cerceda (A Coruña)

A Garda Civil investiga o accidente de tráfico no que dúas persoas perderon a vida a pasada noite de domingo, cando circulaban pola AC-413 (á altura de Cerceda) e chocaron frontalmente contra outro vehículo, no que viaxaban outras dúas persoas que resultaron feridas.

|

A Garda Civil investiga o accidente de tráfico no que dúas persoas perderon a vida a pasada noite de domingo, cando circulaban pola AC-413 (á altura de Cerceda) e chocaron frontalmente contra outro vehículo, no que viaxaban outras dúas persoas que resultaron feridas.


Lugar do accidente en imaxe da TVG

Lugar do accidente en imaxe da TVG


Os dous mozos falecidos tiñan entre 20 e 30 anos, un era veciño de Cerceda e o outro de Ordes, unha localidade próxima. Ambos viaxaban nun Citroën Saxo, que tras o impacto comezou a arder ata quedar completamente calcinado.

Pola súa banda, os outros dous afectados, un home de 53 anos, A.L.C., e unha muller de 51, M.V.M., viaxaban nun mercés todoterreo e resultaron feridos. Necesitaron asistencia sanitaria e foron trasladados en ambulancia ao hospital da Coruña.

Por todo o ocorrido, os axentes da Garda Civil investigan as circunstancias do accidente, que se produciu sobre as 22,00 horas da noite do domingo, na parroquia de Rodís.

SUCESO
As testemuñas do accidente foron os que explicaron ao persoal de emerxencias que se produciu unha colisión. O 112 Galicia foi quen inmediatamente avisou aos Bombeiros de Ordes para poder sufocar o incendio e liberar a un dos seus ocupantes que permanecía dentro do vehículo. Pola contra, a outra persoa que viaxaba con el saíra despedida do turismo tras o impacto no que perdeu a vida.

Tras coñecerse os feitos, un dos familiares dunha das vítimas requiriu asistencia médica e o 112 solicitou a intervención dos profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Graves Emerxencias (GIPCE).

Ata a zona tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas. O 061, pola súa banda, mobilizou unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado e dous de soporte vital básico.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE