​(VÍDEO) O deportivismo arroupa ao seu equipo antes de iniciar o ano máis difícil da súa historia: “Van ver volver”

Esta mañá o deportivismo foi unha soa voz en Abegondo, onde a afección animou ao persoal herculino, que ten ante si un dos maiores retos da historia do club: evitar o descenso ao fútbol de bronce. 


|

Esta mañá o deportivismo foi unha soa voz en Abegondo, onde a afección animou ao persoal herculino, que ten ante si un dos maiores retos da historia do club: evitar o descenso ao fútbol de bronce.



Nunca che abandonarei, fomos á B, a túa curva segue en pé, van a ver volver, coreou a multitude de afeccionados que acompañou aos xogadores deportivistas durante a última sesión de adestramento do ano, a segunda con Fernando Vázquez ao cargo da disciplina branquiazul.



A unidade do deportivismo deixouse notar toda a mañá despois da gran mobilización que se iniciou estes días en redes para tentar animar aos afeccionados para acudir a Abegondo para dar o seu apoio ao equipo, que necesita máis que nunca á súa afección para facer fronte a unha segunda volta infernal, na que os branquiazuis terán que lograr unha proeza histórica para evitar caer ao pozo da Segunda B.



PRESENZA DE ILUSTRES

Para dar máis empaquetado ao momento, dous históricos como Filipe Luís e Manuel Pablo estiveron presentes durante a sesión, algo que tamén desatou os aplausos de parte da inchada congregada nas instalacións de Abegondo.



A próxima cita do Deportivo da Coruña será o vindeiro domingo 5 de xaneiro ás 12 horas nos Pajaritos, ante o Numancia. O cadro soriano será o encargado de enfrontarse ao cadro de Fernando Vázquez, que espera que o cadro castelán leonés sexa o primeiro ao que logre arrebatar os tres puntos nun 2020 que se antolla complicado. Ademais, o partido pode ser a posta de longo para novas fichaxes, o primeiro deles, Emre Çolak, que xa se atopa na Coruña e que se sumará aos adestramentos nos próximos días. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE