​Protesta polo peche de Armesa, que deixa na rúa a un persoal "de difícil empregabilidade"

Os empregados de Armesa S.L. (Artesanías Metálicas Santiago) mobilízanse este xoves ás 12 horas no Polígono do Tambre en protesta polo anuncio de cesamento de actividade da empresa de carpintería metálica.


|

Os empregados de Armesa S.L. (Artesanías Metálicas Santiago) mobilízanse este xoves ás 12 horas no Polígono do Tambre en protesta polo anuncio de cesamento de actividade da empresa de carpintería metálica.


Armesa sl

Fachada de Armsea S.L. en Google Maps


Os traballadores denuncian o peche da compañía e esixen o pago das nóminas atrasadas, un problema que, segundo denuncian os empregados, arrastran desde hai meses.


Armesa, con máis de 40 anos de experiencia ás súas costas "no campo da carpintería metálica e no tratamento do ferro forxado", anunciou de forma unilateral o peche da compañía o vindeiro sábado 4 de xaneiro, denuncian os empregados nun comunicado, onde detallan que a decisión se tomou "sen contar cuns traballadores que ao longo dos últimos tempos veñen sufrindo de primeira man os rigores dos axustes económicos practicados, incluíndo un expediente temporal de regulación de emprego".


Neste sentido, as protestas demandarán a cobranza dos dous últimos soldos e para iso inician unha "campaña de protestas" para esixir o saneamento da débeda que a empresa mantén cos empregados e denunciar " denunciar a falta de interese dos administradores por atopar unha solución que  garantise o mantemento da actividade na empresa".


Doutra banda, os traballadores lamentan que o peche pon en risco unha quincena de empregos no sector industrial, todos eles ocupados por persoas que superan os corenta e cinco anos de idade, o que as leva a ser consideradas "de difícil empregabilidade".  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE