A mineira de Touro tenta “regatear aos técnicos” enterrándoos “entre montañas de papeis”, denuncia unha plataforma crítica

A Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON presentou este martes “consideracións e alegacións á nova documentación emitida pola empresa Cobre San Rafael nos últimos meses” en referencia aos informes presentados pola compañía en 2018.


|

A Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON presentou esta semana “alegacións á nova documentación emitida pola empresa Cobre San Rafael nos últimos meses” en referencia aos informes enviados pola mineira para superar o bloqueo administrativo.


Foto3

Integrantes da plataforma entregando as "consideracións e alegacións" no rexistro da Xunta


Á documentación de Cobre San Rafael -a empresa instrumental que comparten a multinacional Atalaia Minning e os locais de Explotacións Galegas SL- a Xunta reclamou posteriormente aclaracións e máis documentación ao entender que a presentada era “insuficiente, pouco aclaratoria ou que non contiña aspectos que debían ser contemplado”.


Dentro deste ‘prazo infinito’ que a empresa parece ter neste procedemento administrativo, no terceiro trimestre de 2019 emite nova documentación tratando de dar resposta ás demandas expostas desde os distintos organismos”, sinala a plataforma, que denuncia que Cobre San Rafael “non é capaz de contestar de forma solvente ás demandas de información” que os distintos departamentos da Xunta solicítanlle.


Desta forma, segundo a versión dos críticos coa mina, Cobre San Rafael “remite frecuentemente á xa presentada con anterioridade profundando na mesma indefinición que xa deu pé no seu día aos requirimentos da Administración, e que non foron emendados naquel momento nin agora”, un recurso do que tira a compañía en varias ocasións segundo denuncia a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON.


Foto1


“Trata de ‘regatear’ aos técnicos dos diferentes organismos, afogándoos entre montañas de papel. Así, copia literalmente páxinas ou artigos completos das referencias normativas de obrigado cumprimento. Coma se o simple enunciado da normativa, xa fose garantía suficiente da súa aplicación”, lamentan desde a plataforma, que tamén denuncia que outras solicitudes quedan postergadas “a ser definidas nun futuro, algo inadmisible se temos en conta que van case tres anos desde o inicio do procedemento e estanse presentando resultados incompletos”.


Por isto, desde a plataforma volven denunciar as “dúbidas” que xera o proxecto e que a ausencia de resposta e claridade da empresa está causada pola “falta de argumentos” para apoiar a mina.


Hai meses que tanto a oposición como os grupos ecoloxistas reclaman que a Xunta dea carpetazo definitivo ao expediente para reabrir a mina de cobre. O Goberno Gallego mantén o trámite burocrático aberto sen dar pistas sobre se haberá luz verde finalmente ou non.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE