A alerta laranxa na costa da Coruña e Pontevedra pon en xaque a campaña do Nadal no mar

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e de Pontevedra a partir desta madrugada.

|

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e de Pontevedra a partir desta madrugada.


Alerta laranxa no mar este mércores.

En concreto, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso afectará á costa das provincias da Coruña e de Pontevedra con ventos de compoñente sur que poden chegar a forza 9 con mar combinada do sur con ondas de ata seis metros.

Por ese motivo, e para garantir a seguridade dos bens e persoas, Emerxencias informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos de Protección Civil e clubs náuticos, entre outros.

A Xunta lembrou a importancia de manterse apartados da liña de costa e de todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar co obxectivo de previr un golpe de mar. Tamén se recomenda vixiar posibles caídas de obxectos de balcóns ou xanelas.

Finalmente, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva nas zonas máis perigosas, así como extremar as precaucións á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os amarres das embarcacións.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE