Os termómetros rozan os -4ºC en varios puntos de Galicia
A localidade da Veiga (Ourense) rexistrou este martes a temperatura mínima de Galicia, con -3,9ºC, nunha xornada na que os termómetros quedaron baixo cero en diversas localidades galegas.
A localidade da Veiga (Ourense) rexistrou este martes a temperatura mínima de Galicia, con -3,9ºC, nunha xornada na que os termómetros quedaron baixo cero en diversas localidades galegas.
Campos xeados en Santiago de Compostela
Segundo os rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press, noutros localidades de montaña as temperaturas baixaron aos -3,7ºC en Carballeda de Valdeorras (Ourense), ata os -2,3ºC en Cervantes (Lugo) e os -2,1ºC en Pedrafita (Lugo).
Mentres, en localidades con altitude menor de 900 metros as mínimas corresponderon a Cotobade (Pontevedra), con -0,9ºC, e Guitiriz (Lugo), con -0,8ºC.
Escribe o teu comentario