Falece a profesora do Compañía de María de Ferrol ingresas en outubro por meninxite bacteriana
A profesora de sexto Primaria do colexio concertado Compañía de María de Ferrol, que fora ingresada en outubro por unha presunta enfermidade meningocócica, de corte bacteriano, faleceu esta semana.
A profesora de sexto Primaria do colexio concertado Compañía de María de Ferrol, que fora ingresada en outubro por unha presunta enfermidade meningocócica, de corte bacteriano, faleceu esta semana.
Compañía de María de Ferrol nunha imaxe do Facebook dos seus antigos alumnos
Así llo trasladou a dirección do centro ás familias, a través dun sentido comunicado, no que tamén avanzan que se celebrará un pequeno acto de homenaxe para lembrala.
A docente estivo ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e aplicóuselle quimioprofilaxis tanto á ingresada como á súa contorna familiar, dado que este tipo de casos, en termos xerais, esténdense por contacto con persoas expostas a secreciones orais.
A enfermidade meningocócica é unha infección producida por unha bacteria, o meningococo, que produce unha meninxite cando infecta as meninges cerebrais. Cando invade o sangue e se disemina por todo o organismo pode producir un cadro máis grave, chamado sepsis.
Os síntomas que produce son moi variados pero, en xeral, o comezo é repentino, con febre, dor de cabeza intenso, náuseas, vómitos, rixidez de caluga e, frecuentemente, manchas na pel.
Escribe o teu comentario