A folga logra un seguimento do 60% segundo os profesores, do 14% segundo a Xunta

Varios centos de persoas maniféstanse este xoves en Santiago de Compostela para esixir á Xunta a redistribución da súa xornada laboral e conseguir retomar as horas lectivas de clase que impartían antes dos recortes que trouxo a crise. Reclaman 18 horas lectivas en secundaria e 21 en primaria.

|

Como é habitual, as cifras de seguimento do paro son moi dispares en fución da fonte. Centos de mestres desafiaron a forte choiva e deixáronse oír en manifestación ata a sede dunha Xunta que culpa a Madrid.


Varios centos de persoas maniféstanse este xoves en Santiago de Compostela para esixir á Xunta a redistribución da súa xornada laboral e conseguir retomar as horas lectivas de clase que impartían antes dos recortes que trouxo a crise. Reclaman 18 horas lectivas en secundaria e 21 en primaria.


Manifiestación en defensa do ensino en Santiago.


Ao berro de "Feijóo escoita o ensino está en loita" a mobilización convocada polos sindicatos de ensino galegos desprazouse desde a Praza de Cervantes a San Caetano, onde profesores, estudantes de maxisterio, sindicatos e persoas comprometidas coa "educación pública de calidade" fixeron un chamamento á conselleira de Educación, Carmen Pomar,: "conselleira, negociación".

Segundo o secretario nacional do principal sindicato, CIG Ensino, Suso Bermello, a folga está a ter un seguimento de o 60% do profesorado.


Manifestaciu00f3n dos sindicatos da enseu00f1anza durante a folga polo horario lectivo en Santiago nunha foto de UXT

Manifestación dos sindicatos do ensino durante a folga polo horario lectivo en Santiago nunha foto de UXT 


A XUNTA CULPA A MONCLOA

Pola súa banda, a Consellería cífrao no 14,49% de seguimento. Desde o Goberno Galego, aseguraron ademais que a xornada transcorreu con normalidade.


Sobre a demanda dos profesores de recuperar o horario anterior á crise, Educación argumenta que non hai diñeiro porque "o Ministerio do ramo non asegura os fondos precisos para o incremento de persoal". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE