O paritorio de Verín resístese a desaparecer: parto de urxencia esta madrugada

Nai e fillo estiveron "separados" porque o bebé foi trasladado ao CHUO "inmediatamente" despois de nacer

|

A Xunta xa pechou o paritorio, pero unha nai presentouse de urxencia esta madrugada e o equipo decidiu que era inseguro montala nunha ambulancia a Ourense. O neno naceu ben pero, ao non haber xa pediatra de garda, tivérono que separar da súa nai e levalo á cidade.


Manifestación en Verín en contra do peche do paritorio e outros servizos no Hospital comarcal

Unha pasada protesta contra o peche do paritorio


O Servizo de Xinecología do Hospital de Verín atendeu esta madrugada un parto de urxencia nas súas instalacións, aínda que o pequeno foi trasladado ao CHUO pouco despois de nacer.


Ao redor das 4 da madrugada chegou unha parturenta e o xinecólogo de garda considerou que" non era procedente" o seu traslado ao CHUO, "polo risco que conlevaba para a muller a posibilidade de parir polo camiño", explicou a Europa Press unha das matronas presentes no momento.


XA NON HAI PEDIATRA DE GARDA EN VERÍN

Por este motivo decidiuse atender o parto en Verín e, dado que no hospital comarcal a día de hoxe non contan con pediatra de garda, os profesionais solicitaron ao centro de referencia que enviasen un pediatra desde Ourense.

Finalmente, o pediatra trasladouse ata Verín e "en canto naceu o bebé levouno en ambulancia para Ourense", sinalou a matrona.


O PEDIATRA SEPARA Ao BEBÉ DA NAI

O pediatra non lles deu ningunha explicación de por que levaba a un bebé que "naceu perfectamente, con moi boa vitalidade e sen ningunha xustificación clínica para o traslado" , criticou a matrona.

É máis, os profesionais do servizo de Xinecología de Verín aseguraron propoñerlle ao pediatra "deixar xuntos a nai e fillo", seguindo a liña das recomendacións de "todas as guías nacionais e internacionais de calidade de coidados".


"A pediatra fixo caso omiso e levou ao neno" , explicou a matrona. A nai foi trasladada a Ourense dúas horas e media porque "as dúas primeiras horas despois do parto hai que observala directamente ante a posibilidade de sangrados e hemorraxias postparto".


CRÍTICAS DA MATRONA

A matrona sinalou que "non existe ningún tipo de evidencia que avale este tipo comportamentos" que poden producir consecuencias para ambos "no período de lactación, o apego e ao longo da súa vida".

Trátase dunha situación á que, segundo explicou, chégase por "non facer as cousas do modo correcto e unha mala xestión dos recursos". "Sabiamos que estas cousas ían pasar e van seguir pasando e os únicos prexudicados son os pacientes, esa nai e a súa recentemente nad", explicou.a


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE