Prosegue a busqueda do desaparecido en Oroso con mergulladores da Garda Civil
Mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil busca este xoves á persoa desaparecida no Río Tambre ao seu paso pola poboación de Sigüeiro, no municipio de Oroso (A Coruña).

A situación no río este xoves "é complicada" porque "leva moita forza a auga", comentaron fontes próximas ao dispositivo, que apuntaron a que se sospeita que o desaparecido é un home veciño de Sigüeiro.
Con todo, por parte da Garda Civil apuntouse que non hai denuncia de desaparición de ningunha persoa na zona ata a data.
Efectivos da Policía Local e de Protección Civil permanecen á espera de, en caso de ser requirida a súa colaboración, sumarse de novo ao operativo en función de como transcorra o dispositivo.
Escribe o teu comentario