O BNG limita a súa alianza con Errejón e outros grupos a algo práctico e poida que temporal


O Bloque saíu rápido a explicar a proposta de conformación de Grupo Parlamentario Múltiple (GPM), que pretenden montar BNG, Junts per Catalunya, Máis País-Equo e Compromís. E é que a moitos militantes nacionalistas resultaralles estraño ver á fronte compartindo grupo non só con JxC -unha formación soberanista, pero non de esquerdas- e sobre todo con Máis País-Equo -unha coalición de ámbito estatal-. 


|

O Bloque saíu rápido a explicar a proposta de conformación de Grupo Parlamentario Múltiple (GPM), que pretenden montar BNG, Junts per Catalunya, Máis País-Equo e Compromís. E é que a moitos militantes nacionalistas resultaralles estraño ver á fronte compartindo grupo non só con JxC -unha formación soberanista, pero non de esquerdas- e sobre todo con Máis País-Equo -unha coalición de ámbito estatal-. 


Reuniu00f3n do BNG co PSOE para negociar a investidura

Reunión do BNG co PSOE para negociar a investidura esta semana en Madrid


Manter un perfil propio á marxe de alianzas con partidos estatais foi unha das claves ideolóxicas do Bloque no últimos anos, diferenciándose así de ANOVA e as mareas, máis favorables a pactar, por exemplo, con Podemos.


"CRITERIOS OPERATIVOS"

"O GPM constitúese só con criterios operativos e non por afinidade política ou ideolóxica", explica o Bloque en unha nota emitida poucas horas despois que saltase a noticia da fecundación do GPM.


Os nacionalistas razoan que a outra alternativa, quedar no Grupo Mixto, "dificultaría a nosa actuación e restaría visibilidade a Galicia" e que así terán unha mellor posición para defender os intereses galegos. De feito, dan a entender que se poden marchar pronto do GPM.


Non está do todo claro que os socios do GPM cumplanlos requisitos para formar grupo. Con todo, quen debe decidir, a Mesa do Congreso, está controlada por PSOE e Podemos,  que necesitan do apoio destes partidos para sacar adiante a investidura.


LEI PARA PROTEXER Aos QUE DENUNCIAN Aos PODEROSOS

Temporal ou non, o GPM xa se puxo a traballar. Os seus socios, sen Junts, pero sumando a Esquerra propuxeron xa una lei que protexa aos "alertadores". Sería unha figura similar ás proteccións que gozan os whistleblower en moitas lexislacións anglosaxoas, o que permitiu por exemplo poñer en marcha o impeachment contra Donald Trump sen que se coñeza o denunciante orixinal.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE