"O carbón de Endesa As Pontes procede da violación de Dereitos Humanos", denuncia Greenpeace

A dependencia das Pontes polo carbón provocou que a factoría sexa unha das máis contaminantes de Europa, lanzando á atmosfera en 2018 case 8 mil toneladas de CO2 e convertendo ao porto de Ferrol na porta de entrada do carbón en España, con máis de 5 mil toneladas de carbón ao ano nos seus peiraos, tal e como reflicte o último estudo de Greenpeace. 


|

A dependencia de Endesa As Pontes do carbón fai que sexa unha das centrais máis contaminantes de Europa, lanzando  case 8 mil toneladas de CO2 en ano, segundo  "As Feridas do Carbón", un novo estudo de Greenpeace. Documento que, ademais, pon énfase nas "violacións de dereitos humanos" que provoca esta minería en países provedores das Pontes, como Indonesia, Colombia ou Rusia.


O probable fin da actividade queimando carbón -nin se queiera a enerxética está polo labor, só a Xunta deféndeo como alternativa mentres non se atopa unha solución- trae consigo a necesidade de buscar enerxías alternativas que dean esperanza a o As Pontes e á vez axuden a que España cumpra os acordos contra o cambio climático, cada vez máis restritivos.



Mina de carbón ao descuberto en Rusia nunha imaxe de Greenpeace

Mina de carbón ao descuberto en Rusia nunha imaxe de Greenpeace 


O uso do carbón como elemento principal ten os días contados desde hai anos. Os acordos de París de 2015, no que España é un dos estados asinantes, xa puxeron data ao peche das centrais térmicas como unha das principais medidas para combater de forma eficaz o cambio climático. Esta mesma madrugada Bruxelas acordou unha ampliación do 55% no recorte de emisións de gases de efecto invernadoiro para 2030, ao considerar que o conxunto da Unión non estaba a facer os deberes en materia ecolóxica.


Catro anos despois do aviso de París, e a diferenza de moitos países, España aínda non iniciou o debate para expor o futuro tras o peche das térmicas, que a día de hoxe xeran máis do 14% da enerxía que se consome a nivel nacional. É máis, no Borrador do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima aínda se discute a posibilidade de prolongar a vida destes centros ata máis aló de 2030.


En este escenario, Galicia –e particularmente o municipio das Pontes- é unha das comunidades á que o fin da era do carbón golpeará con máis forza. O pau pon no arame a 750 familias dependentes da actividade nas Pontes, que agora se debate entre o peche ou unha difícil reconversión mantendo a actividade por medio doutro combustible máis respectuoso co medio. Esa é a porta aberta que deixou onte aberta Endesa, a compañía que xestiona a actividade no complexo enerxético, pero que en todo caso reiterou a súa negativa para seguir utilizando o carbón. A tamén térmica galega de Meirama (Naturgy) parece abocada ao peche, máis temperán que o das Pontes.


FERROL: PORTA DE ENTRADA DO CARBÓN

Pero en torno ao combustible negro existen varias incógnitas que agora trata de desvelar o último estudo de Greenpeace. A primeira delas: de onde vén o carbón? Está claro que de España non, xa que as minas que aínda existían en España pecháronse o 31 de decembro de 2018 despois dunha transición  marcada polo tira e afrouxa dos actores implicados. A clausura das minas obrigou ás empresas enerxéticas a apostar aínda máis polo carbón estranxeiro.


Mapa de greenpeace sobre as importacións de carbu00f3n



Rusia, Colombia, Sudáfrica e Indonesiaesta última representou o ano pasado o 27,34% do total de carbón que recibiu España e o 70% do que comprou Endesa- son os principais “celeiros” que nutren a industria española, que o pasado ano recibiu máis de 16 mil toneladas de carbón. Galicia en segunda en importaciones, con máis de 5 mil millóns de toneladas, unha cantidade próxima á que se desembarcou no porto de Ferrol e transportouse case en exclusividade ás Pontes, o que converte ao porto ferrolán no principal receptor do carbón do estado. No referido ao gasto, os investimentos estiveron próximas ao 1,6 mil millóns de euros.


AS PONTES, Á cabeza DA CONTAMINACIÓN

Indirectamente, os compradores de carbón contribúen a perpetuar os abusos que se producen no sector mineiro nos países exportadores. Greenpeace lembra que o produto se extrae nunhas condicións laborais que en moitas ocasións roza a escravitude, ademais dos altos custos que ten para a saúde dos obreiros e os efectos nocivos que ten a minería sobre o medioambiente e que máis tarde coa queima do mesmo carbón que tanto custa extraer acaba envenenando a atmosfera. 


Neste aspecto As Pontes está á cabeza da contaminación segundo os índices de Greenpeace, con 7.9356.709 toneladas de CO2 lanzadas á atmosfera só en 2018, o que a converte nunha das máis contaminantes do continente.


Mapa de Greenpeace sobre as emisións en Espau00f1a




O acudir aos produtores de carbón estranxeiros as empresas enerxéticas van en contra do Plan de Acción Nacional (PAN) de Empresas e Dereitos Humanos que implementa os Principios Reitores das Nacións Unidas sobre as Empresas e os Dereitos Humanos. Este plan busca evitar que as actividades das empresa “contribúan a provocar consecuencias negativas sobre os dereitos humanos e fagan fronte a esas consecuencias cando se produzan”, sinala a ONG.


PARAÍSOS AFECTADOS

Centrándose nos casos dos catro países exportadores, para Greenpeace non hai dúbidas de que o PAN se está vulnerando na compra de carbón. A ONG sinala en primeiro lugar a “falta de transparencia das empresas de enerxía de España sobre as súas cadeas de subministración de carbón, o que facilita a estas a empresas non responder de maneira efectiva dos impactos sociais e ambientais causados polos seus provedores e empresas subcontratadas” .


Individualizando os efectos que ten o sector mineiro sobre cada país, talvez o caso máis sanguento sexa o de Indonesia. Como en Rusia, Sudáfrica e Colombia, no país asiático os principais damnificados son aqueles que conviven porta con porta coa actividade mineira. Estas persoas apenas poden alzar a voz para reclamar os seus dereitos xa que, de facelo, corren o risco de sufrir unha persecución por parte das compañías extractoras. Neste contexto os grupos étnicos minoritarios ou indíxenas son os peor parados.


Protesta mineru00eda

Protesta de afectados pola minería en Colombia| Foto: Greenpeace


En Indonesia, un país composto por máis de 17 mil illas, a minería destruíu paraxes naturais que agora son irrecuperables. Ademais, a diferenza entre Rusia, Colombia e Sudáfrica é que Indonesia non é un país de grandes dimensións, aínda que si excesivamente poboado, con 255 millóns de habitantes. As provincias de Sumatra e Kalimatran –en Borneo- son as máis afectadas pola industria mineira, que logrou poñer do seu lado ás autoridades que conceden permisos de forma indiscriminada para abrir novas explotacións mineiras  nunha febre do carbón que posicionou aos indonesios como un dos principais exportadores a nivel mundial. Deforestación, augas contaminadas, perda do valor patrimonial e da fauna e a flora da zona…estas son algunhas das consecuencias que denuncia Greenpeace no seu informe.


RECOMENDACIÓNS

Desde a ONG lanzan unha serie de recomendacións aos gobernos para evitar o que eles denominan como “ atropelo” por parte das empresas mineiras. O respecto aos Dereitos Humanos, establecer leis reguladoras dentro dun sector que aínda se move en moitos países ao límite da legalidade e promover unha economía sustentable sen dependencia dos combustibles fósiles.


A continuación, Greenpeace centra o foco en España, á que reclama o fin das centrais térmicas de carbón para xuño de 2020 (polo menos aquelas que “non realizaron os investimentos necesarios para adaptar as súas instalacións á normativa europea”), asegurar unha transición enerxética xusta para os afectados polo peche das térmicas ou fixar para 2040 o ano no que as emisións netas de gases de efecto invernadoiro sexa cero. Para entón España debería contar cun modelo enerxético 100% renovable, que é o que se busca nas Pontes. A saída antóllase complicada, pero o futuro é máis negro co carbón.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE